Concello da Coruña

Concello da Coruña

Viaxe con escalas

Para imaxinar como de pequenos son os virus pode resultar útil tomar referencias a unha escala máis próxima.

Un virus, unha partícula diminuta, puxo en xaque a humanidade. Aínda que xa empezamos a estar familiarizadas/os coa súa natureza, os perigos para a saúde e as estratexias para mantelos baixo control, pode resultar difícil imaxinar como é ese axente que causa a enfermidade, invisible aos nosos ollos sen axuda dun microscopio electrónico.

Para darse unha idea das dimensións dos virus, pode resultar útil tomar unha referencia a unha escala máis próxima. Por exemplo, o límite do que poden distinguir os nosos ollos é 1 milímetro, máis ou menos o tamaño dun piollo. As bacterias miden arredor dunha milésima de milímetro, e a maioría dos virus son unhas dez veces aínda máis pequenos.

Unha viaxe virtual polo universo descubriríanos a enorme variedade de obxectos e seres cuxas dimensións van desde o inmenso ao minúsculo. É o que se propón neste interactivo, que permite facer un percorrido do máis pequeno ao máis grande para descubrir desde as partículas subatómicas ata os obxectos máis afastados do universo, desde as moléculas máis elementais da vida aos seres de maior tamaño.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión