Neste apartado ofrecemos información específica de como proceder para o alugueiro das pistas de pádel municipais, situadas na Cidade Deportiva A Torre.
Localización das pistas de pádel:
As pistas de pádel municipais forman parte das instalacións da Cidade Deportiva da Torre.
Formalización do alugueiro:
Poderase realizar de dúas formas:
1) Telematicamente, a través da plataforma Cronos Web:
Ligazón para o acceso á plataforma: Acceso a Cronos Web.
Recomendamos consultar a guía de acceso e uso de Cronos Web, que se pode descargar na seguinte ligazón: Guía xeral de acceso a Cronos Web
NOTA: Para poder usar a plataforma Cronos Web é necesario estar previamente de alta na mesma. Esta alta inicial farase, de modo presencial, no rexistro de Deportes de Riazor, presentando o DNI ou documento identificativo análogo (NIE, pasaporte etc.), e indicando unha dirección de correo electrónico, que será a que permita posteriormente o acceso á plataforma en liña.
2) Presencialmente, acudindo á Oficina de Rexistro do Palacio de Deportes de Riazor, preferentemente con Cita Previa.
Tarifa 2024 (Ordenanza Fiscal nº 15):
Uso libre para actividade física. Partido individual ou dobres/unha hora: 3,18 €
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible