HORARIOS DE APERTURA E PREZOS DAS ENTRADAS DOS MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES
A Casa das Ciencias , a Domus e o Aquarium Finisterrae son tres museos de ciencia localizados en tres puntos distintos da cidade da Coruña.
Na Casa das Ciencias, ademais de visitar as tres plantas de exposicións interactivas do museo, pódese asistir a unha sesión de planetario, para a que é preciso adquirir un suplemento da entrada ao museo e que está suxeita á dispoñibilidade, xa que a sala do planetario ten unha capacidade limitada. A programación pódese consultar abrindo a pestana «Planetario» da sección web da Casa das Ciencias .
Para os grupos escolares que realicen unha reserva previa existe un programa de visitas e actividades, que se pode consultar na sección Visitas escolares
HORARIOS DE APERTURA
Os Museos Científicos Coruñeses teñen diferentes horarios segundo a estación do ano, pero en calquera caso:
- O último acceso no Aquarium Finisterrae é 1 hora antes da hora de peche.
- Na Casa das Ciencias e Domus o último acceso é 30 minutos antes da hora de peche.
HORARIOS SEGUNDO A ESTACIÓN:
Luns a venres: 10.00 h a 18.00 h
Sábados, domingos e festivos: 11.00 h a 19.00 h
1 e 6 de xaneiro: pechado
Luns a domingo: 10.00 h a 19.00 h
Luns a domingo: 10.00 h a 20.00 h
Luns a domingo: 10.00 h a 19.00 h
24 de decembro: 10.00 h a 14.00 h
31 de decembro: 10.00 h a 14.00 h
25 de decembro: pechado
PREZOS DE ENTRADA
As entradas deben adquirirse na recepción de cada un dos museos o mesmo día da visita, excepto nos días de entrada gratuíta. Nestes días gratuítos hai que realizar unha reserva previa de entradas en liña para vistar o Aquarium Finisterrae, asistir ás sesións de planetario da Casa das Ciencias, e acceder ao espazo MiniDomus.
Tamén é posible mercar entradas en liña con antelación, pero só as de tarifa xeral do Aquarium Finisterrae aquí, e as de tarifa xeral da Domus aquí. As entradas de tarifa reducida, gratuíta, Bono 3 Casas e Tarxeta Vente deben comprarse na recepción dos museos.
CASA DAS CIENCIAS
> Tarifa xeral: 2 euros. Suplemento de planetario: 2 euros
> Tarifa reducida*: 1 euro. Suplemento de planetario reducido*: 1 euro
DOMUS
> Tarifa xeral: 2 euros
> Tarifa reducida*: 1 euro
AQUARIUM FINISTERRAE
> Trifa xeral: 10 euros
> Tarifa reducida*: 4 euros
*Entrada de tarifa reducida: menores de 16 anos; maiores de 65; persoas desempregadas, tras a presentación de documento acreditativo; Carné Xove, carné de estudante e membros de familias numerosas, tras a presentación de documento acreditativo.
> BONO 3 CASAS: 12 euros. Pensado para as persoas que desexen visitar os tres museos e deban pagar entrada de tarifa xeral. Permite o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae (só un acceso por museo); é necesario conservar o bono en perfecto estado. Non caduca. Debe adquirirse na recepción da Casa das Ciencias, da Domus ou do Aquarium Finisterrae.
PASE ANUAL
> Tarxeta Vente: 20 euros
> Tarxeta Vente Mini: 10 euros (menores de 16 anos e maiores de 65)
As tarxetas Vente e Vente Mini son nominativas, permiten o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae durante un ano natural contado desde a data de emisión (sen límite de accesos) e será necesario presentar o DNI cada vez que se utilicen. Á venda na recepción dos tres museos.
> GRATIS
Tamén che pode interesar

15 de maio de 2026
Está instalada na explanada exterior de acceso ao museo

30 de abril de 2026
Será o 9 de maio nos Xardíns de Méndez Núñez, de 11 a 19 horas

28 de abril de 2026
Trátase de Jinzi, unha foca macho procedente do Oceanogràfic de Valencia
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible