Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de xuño de 2021

A Casa das Ciencias instala unha cámara para detectar meteoros

O instrumento está colocado xunto á cúpula do Planetario

O 30 de xuño celébrase o Día Internacional dos Asteroides e con ese motivo a Casa das Ciencias quixo iniciar unha colaboración co Proxecto SMART, dirixido polo astrofísico do IAA-CSIC José María Madiedo, colocando unha cámara que rexistra meteoros, máis coñecidos por estrelas fugaces.

O Proxecto SMART, ao que se sumaron planetarios, observatorios e moitas outras institucións con máis de 90 dispositivos de detección, permitirá cuantificar o número de meteoros que entren na atmosfera terrestre así como correntes meteóricas que o noso planeta atravese. Estes datos ademais coordinaranse cos da rede MIDAS, que rexistra os impactos de meteoritos na rexión non iluminada pero visible da Lúa.

Este tipo de rexistros son de grande utilidade para calcular o risco de impacto da Terra cun asteroide, un risco real que no pasado demostraron as colisións dos bólidos de Cheliábinsk ou Tunguska, ambas en Rusia. O Día Internacional dos Asteroides creouse en 2016 para lembrar cada ano o aniversario do impacto de Tunguska, ocorrido o 30 de xuño de 1908, e para aumentar a conciencia pública sobre o perigo dos asteroides, unha ameaza que podemos evitar vixiando o ceo.

Para instalar e distribuír os datos obtidos, os Museos Científicos Coruñeses contaron coa colaboración desinteresada do astrofísico e divulgador científico Borja Tosar, colaborador habitual do Planetario da Casa das Ciencias.

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión