Conferencia a cargo de Antón Baleato Lizancos, do Berkeley Center for Cosmological Physics.
Para público en xeral
16/12/2021
Xa rematou
Ás 19.30 horas
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
Na sala do Planetario
Entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade
Que sabemos sobre a orixe, a evolución e o destino final do Universo? E sobre os ingredientes que o compoñen? Como sabemos todo isto?
Nesta conferencia Antón Baleato, astrofísico do Berkeley Center for Cosmological Physics, fará unha introdución aos principais achados da cosmoloxía moderna. Tamén describirá os principais interrogantes que ocupan ás cosmólogas e cosmólogos na actualidade, e mostrará os potentes telescopios e sofisticadas técnicas que se están empregando, como a lentificación gravitacional, unha prometedora xanela ao universo invisible.
O coruñés Antón Baleato Lizancos estudou Física Aplicada na Universidade de Columbia (Nova York) e realizou o seu doutoramento en Cosmoloxía na Universidade de Cambridge (Reino Unido). A súa tese leva por título Polishing the Lenses: Precise Modelling of Gravitational Lensing and Delensing of the Cosmic Microwave Background. Actualmente traballa como postdoutorado no Berkeley Center for Cosmological Physics (UC Berkeley & Lawrence Berkeley National Laboratory, CA).
22 de decembro de 2022
Dirixido a maiores de 7 anos, incorpórase á programación do Planetario este Nadal
21 de decembro de 2022
A mostra contén fotografías, fragmentos de testemuños da cidadanía e esculturas creadas a partir dos restos do naufraxio.
12 de decembro de 2022
Está formada por 15 fotografías e un vídeo no que se mostran especies de cetáceos do Atlántico.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible