Encontro con investigadoras organizado con motivo da Semana da Muller e a Nena na Ciencia.
Público familiar
Para público en xeral
15/02/2020
Xa rematou
Ás 12.00 horas
Entrada libre, ata completar a capacidade da sala
Unidade de Divulgación Científica da Universidade da Coruña
O sábado 15 de febreiro, ás 12.00 horas, a Unidade de Divulgación Científica da Universidade da Coruña organiza a actividade "Atrévete a investigar con elas!", dirixida a público familiar. Trátase de compartir espazo con catro investigadoras da UDC para coñecer a súa traxectoria científica e vital, os seus logros profesionais e algunhas anécdotas que viviron co obxecto de incentivar entre as persoas asistentes a curiosidade pola profesión de investigadora e científica. Estas son as científicas participantes:
- María Carreiro Otero, investigadora do Grupo de Arquitectura e Urbanismo Sustentable (GAUS).
- Carmen de Labra Pinedo, investigadora do grupo Neurociencia e Control Motor (NEUROcom).
- Teresa López, investigadora do grupo Investigación Lingüística e Literaria Galega (ILLA).
- Vanessa Valdeiglesias García, investigadora do programa Beatriz Galindo e do grupo Diagnóstico Conductual e Molecular Aplicado á Saúde (DICOMOSA).
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible