Novas sesións para o mes de maio
A actividade está dirixida a maiores de 7 anos, que deberán acreditar a súa idade con DNI ou fotografía do Libro de Familia onde figuren o nome e a data de nacemento.
Os nenos e nenas deberán ir acompañados/as durante toda a actividade por unha persoa adulta que se fará cargo dun máximo de dous/dúas menores.
Para público en xeral
Dende o 01/05/2022 ata o 29/05/2022
Realizaranse os días 1, 8, 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de maio.
Require reserva de entradas para todas as persoas participantes. Poderanse realizar as reservas a partir das 10.00 horas do luns 25 de abril, premendo aquí.
Das 11.00 ás 12.30 horas
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
96 prazas en total, 12 prazas por sesión
Esta actividade non ten custo engadido ao prezo da entrada ao Aquarium Finisterrae que cada visitante deba aboar para entrar no recinto.
O Aquarium Finisterrae abre a reserva de entradas para as sesións do mes de maio da actividade «Aventura coas focas». Trátase dun taller de divulgación científica para coñecer de primeira man a rutina diaria das focas que viven nas piscinas exteriores. Durante os 90 minutos que ocupa a actividade, das 11.00 ás 12.30 h, as persoas participantes visitarán a cociña do Aquarium, participarán na preparación dos alimentos e accederán ás plataformas exteriores onde se alimenta e revisa o estado destes mamíferos mariños.
A actividade está dirixida a maiores de 7 anos, que deberán acreditar a súa idade con DNI ou fotografía do libro de familia onde figure o nome e a data de nacemento. Os nenos e nenas deberán ir acompañados durante toda a actividade por unha persoa adulta que se fará cargo dun máximo de 2 menores. Esta actividade non ten custo engadido ao prezo que cada visitante deba aboar para entrar no recinto, pero require a reserva de entradas para todas as persoas participantes, que se poderán reservar a partir do 25 de abril.
As entradas aboaranse no momento de chegar á actividade, na recepción do Aquarium. Polas características da actividade, ofertaranse só 12 prazas en cada sesión.
19 de maio de 2022
A mostra, instalada na planta baixa da Domus, está organizada pola Agrupación Astronómica Ío.
13 de maio de 2022
O mércores 18 de maio, Día dos Museos, a entrada á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae será gratuíta; no caso do Aquarium, con reserva previa.
3 de maio de 2022
Os Museos Científicos Coruñeses celebran este día unha xornada de portas abertas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible