30 de maio de 2024
A estrea terá lugar o venres 31 de maio ás 18.00 horas, e incorpórase á carteleira para partir do sábado 1 de xuño.
A Casa das Ciencias da Coruña presenta un novo programa de Planetario, «Biosfera oscura», un audiovisual que nos leva ás profundidades da cortiza terrestre para coñecer as formas de vida máis extremas do planeta. A historia lévanos ás fronteiras do coñecemento nunha viaxe desde o interior da Terra ata os confíns da nosa galaxia, na procura de respostas á gran pregunta: hai vida máis aló da Terra?
«Biosfera oscura» está dirixida por Javier Bollaín e conta coa voz de Viggo Mortensen como narrador. Para o desenvolvemento do programa contouse coa colaboración técnica da Casa das Ciencias da Coruña, os planetarios de Madrid, Pamplona e Douai (Francia), ademais da participación do Parque das Ciencias de Granada, o Museo da Ciencia Cosmocaixa (Barcelona) e da Casa da Ciencia de Sevilla.
O programa conta coa colaboración do Ministerio de Ciencia e Innovación a través da FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía) e o apoio de prestixiosas institucións como o Centro de Astrobioloxía (CAB, CSIC-INTA), a Axencia Europea do Espazo (ESA), o Museo Nacional de Ciencias Naturais (MNCN-CSIC) e o Instituto Europeo de Astrobioloxía (EAI).
Programación de Planetario
A partir do sábado 1 de xuño, coincidindo co aniversario da apertura da Casa das Ciencias (1 de xuño de 1985), «Biosfera oscura» incorpórase á carteleira do Planetario, que terá a seguinte programación:
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

4 de febreiro de 2026
Nova exposición fotográfica no Corredor López Seoane do Aquarium Finisterrae

30 de xaneiro de 2026
Unha colección de fotografías de Fernando Moleres sobre o impacto da actividade humana no medio ambiente

12 de xaneiro de 2026
MiniDomus é un espazo pensado para aprender facendo, onde cada actividade convida a experimentar, compartir e descubrir o mundo con asombro.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible