Concello da Coruña

Concello da Coruña

BDEPOIND

Bolsas deportivas para deportistas individuais.

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Sector público, Deporte

Vixente:

No

Convocatoria específica de axudas en réxime de concorrencia competitiva de bolsas deportivas para deportistas individuais do concello da Coruña.

O Concello da Coruña, dentro das súas competencias de promoción do Deporte, e consciente das dificultades que teñen moitos deportistas individuais para poder levar a cabo os seus adestramentos e competicións, polo elevado custo que supoñen os desprazamentos, licenzas federativas, equipamentos etc, considera necesario aprobar unha liña de axudas a deportistas individuais que teñan o carácter de bolsas. En concreto, estas bolsas convócanse para apoiar a deportistas individuais coruñeses e coruñesas, como medio de apoiar e promover o deporte coruñés e, desta forma, conseguir logros deportivos para a cidade da Coruña. Con estas bolsas preténdense apoiar a práctica e o rendemento deportivo, tanto en relación ao perfeccionamento técnico e a obtención de maior rendemento nas respectivas modalidades deportivas, como facilitando a súa participación en competicións deportivas de alto nivel.

Bolsas deportivas para deportistas individuais 2024

Inscricións:

Dende o 06/03/2024 ata o 25/03/2024

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Poderán ser beneficiarios das bolsas as persoas físicas de nacionalidade española que sexan deportistas federados, de calquera categoría, exclusivamente na modalidade de deporte individual.

(Para os efectos desta convocatoria considérase deporte de carácter individual todo aquel deporte que, en función da súa regulamentación, sexa practicado por un ou dous deportistas como máximo.)

Requisitos:

  • Ter unha idade mínima de 10 anos e máxima de 40 anos cumpridos na data do último día de prazo de presentación de solicitudes.
  • Estar empadroado/a no Concello da Coruña por un prazo mínimo de 2 anos, consecutivos ou non, dentro dos 5 anos anteriores ao exercicio en que se realice a solicitude.
  • Ademais, demostrar arraigamento na cidade da Coruña, que se realizará a través dalgunha das seguintes formas:

• Nacer na cidade da Coruña.

• Vivir, e/ou adestrar regularmente na cidade da Coruña.

• Estar matriculada nun centro oficial de estudos na cidade da Coruña.

• Ter un contrato de traballo nunha entidade con sede na cidade da Coruña e exercelo dentro da cidade.

• Ter vínculos familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade na cidade da Coruña

  • Estar en posesión dunha licenza federativa durante as dúas tempadas anteriores a esta convocatoria e que siga vixente para o ano 2024 expedida pola Federación deportiva que corresponda.
  • Pertencer a club deportivo cuxo domicilio social radique na cidade da Coruña, salvo naqueles casos que poida xustificarse que non existe na cidade entidade deportiva coas categorías de competición do solicitante. Queda excluída a categoría máster ou similar.
  • Acreditar nivel deportivo na especialidade, polo menos, nos dous anos anteriores á solicitude, e ter proxección de futuro.
  • Que se atopen ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Tributaria estatal, o Concello e a Seguridade Social.
  • Non estar a cumprir sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva, cualificada como grave ou moi grave.
  • Non estar incurso en causa de exclusión ou prohibición para obter a condición beneficiario de subvencións (art. 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, de Subvencións).

Prezo / Custo:

Ningún.

Órgano que resolve:

Titular da Concellaría Delegada de Deportes.

Máis información:

Tipos de bolsas deportivas:

1) Bolsas destinadas a participar en Xogos Olímpicos: 3 bolsas cun importe de 5.000,00 euros cada unha.

2) Bolsas destinadas a participar en Xogos Paraolímpicos: 3 bolsas cun importe de 5.000,00 euros cada unha.

3) Bolsas destinadas a participar en Campionatos do Mundo: 7 bolsas cun importe de 3.500,00 euros cada unha.

4) Bolsas destinadas a participar en Campionatos de Europa: 6 bolsas cun importe de 2.500,00 euros cada unha.

5) Bolsas destinadas a participar en Campionatos de España: 24 bolsas cun importe de 1.500,00 euros cada unha.

6) Bolsas destinadas a participar en Campionatos Autonómicos: 29 bolsas cun importe de 500,00 euros cada unha.

O importe global das axudas obxecto da presente convocatoria é de CENTO VINTE MIL EUROS (120.000,00 €)

Cada deportista poderá presentar unha única solicitude de bolsa, de acordo co establecido na Base 6.1, indicando de modo claro o tipo de bolsa e a modalidade deportiva para a que solicita dita axuda. Por tanto, só poderá solicitarse e concederse unha única bolsa por persoa.

Presentación

Prazo de presentación:

As solicitudes de subvención deberanse presentar obrigatoriamente de modo telemático a través deste trámite, utilizando o modelo oficial establecido, no prazo de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación dun extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

A documentación xustificativa para os beneficiarios da bolsa deportiva, que incluirá obrigatoriamente o vídeo realizado no lugar da competición, deberá presentarse ante o Concello da Coruña, Concellaría de Deportes, unha vez alcanzados os obxectivos anuais establecidos no proxecto, e en todo caso, antes do 31 de xaneiro de 2025.

Documentación necesaria:

a) Solicitude, que deberá cubrirse e presentarse co modelo oficial establecido inserido nesta convocatoria.

b) DNI ou NIF da / do deportista solicitante. En caso de deportistas solicitantes menores de idade tamén é obrigatorio presentar o DNI ou NIF da/do representante legal.

c) Certificado de empadroamento actualizado na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, no que conste a antigüidade no empadroamento, así como as modificacións sufridas nos últimos 5 anos.

d) Documentación acreditativa do arraigamento familiar:

  • Acreditación de nacer na cidade da Coruña: mediante o certificado de nacemento ou o DNI.
  • Acreditación de vivir e/ou adestrar regularmente na cidade da Coruña: facturas ou recibos de subministracións (luz, gas, auga) ou documentos equivalentes a nome da persoa deportista ou da nai ou pai, no caso de ser menor de idade, así como documentos acreditativos de asistencia a instalacións deportivas sitas no municipio da Coruña.
  • Xustificante de matrícula nun centro oficial de estudos da cidade da Coruña para o curso 2023-2024, así como certificado do centro que xustifique a asistencia regular e o aproveitamento dos estudos da persoa solicitante.
  • Contrato de traballo nunha entidade con sede na cidade da Coruña e xustificante de que a persoa solicitante exerce o seu desempeño laboral nun lugar de traballo situado dentro do termo municipal da Coruña.
  • Acreditación de ter vínculos familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade na cidade da Coruña: mediante o libro de familia ou calquera outro documento con valor equivalente.

e) Licenza federativa vixente expedida pola federación deportiva correspondente que acredite a modalidade deportiva para a que solicita subvención, así como das licenzas federativas das dúas tempadas anteriores.

f) Historial deportivo obtido nas dúas últimas tempadas, con indicación da clasificación lograda en cada un dos campionatos de igual categoría para a que solicita a bolsa. O historial deportivo debe cubrirse no Anexo 1 adxunto a esta convocatoria.

g) Certificado emitido pola federación correspondente, onde se recollan os resultados deportivos obtidos nas dúas últimas tempadas.

h) Certificado acreditativo da federación deportiva correspondente no que se acredite que a persoa solicitante non está a cumprir sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva cualificada como grave ou moi grave.

i) Proxecto deportivo para a tempada 2024, con mención expresa e obrigatoria das probas, campionatos e fases clasificatorias nos que a persoa deportista teña previsto participar durante o ano 2024. O proxecto deportivo deberá incluír ademais un plan completo de adestramentos. O proxecto deportivo debe cubrirse no Anexo 2 inserido nesta convocatoria.

j) Declaración responsable das subvencións ou bolsas solicitadas e as que lle foron concedidas para a mesma actividade procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional. Esta declaración xa está incluída no fomulario de solicitude.

k) Declaración responsable de non estar incursa ou incurso en ningún dos supostos de prohibición para obter a condición de persoa beneficiaria á que se refire o artigo 13 da LXS. Esta declaración xa está incluída no fomulario de solicitude.

l) Certificación dos datos bancarios da persoa beneficiaria da subvención (orixinal expedida pola entidade bancaria). Só para aqueles solicitantes que non teñan dada de alta a conta no Concello da Coruña.

m) Compromiso de levar no seu uniforme, material e/ou equipamento deportivo o logotipo do Concello da Coruña, nun lugar visible e de tamaño polo menos equivalente ao logotipo dos seus principais patrocinadores, así como de facer constar, no caso de dispoñer de páxina web ou redes sociais, que a ou o deportista recibe unha axuda municipal e colocar o logotipo municipal facendo mención a que a persoa deportista é bolseira polo Concello da Coruña. Deberá achegar ao proxecto deportivo un epígrafe específico no que reflicta o modo de cumprimento deste compromiso, no que se especifique o detalle con fotografías, bosquexos ou documentación gráfica específica. Este compromiso ao que fai referencia o punto 5 da solicitude, deberá cumprimentarse no apartado 6 do Anexo 2.

n) Certificado acreditativo de atoparse ao corrente do cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Tributaria estatal, o Concello da Coruña e a Seguridade Social. Só en caso de non autorizar a consulta destes datos ao Concello da Coruña.

Documentos relacionados

  • 2024 - Dúbidas frecuentes (354 KB)
  • 2024 - MODELO SOLICITUDE (GALEGO) - Bolsas para deportistas individuais (1 MB)
  • 2024 - Anexo 1 Historial deportivo - (GALEGO) (956 KB)
  • 2024 - Anexo 2 Proxecto deportivo (GALEGO) (1 MB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

NON ADMITE TRAMITACIÓN PRESENCIAL. É OBRIGATORIA A TRAMITACIÓN TELEMÁTICA

Internet

Que se necesita?:

  • Deberá dispoñer de certificado dixital.
  • Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a suvbención que solicita, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".
  • No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

  • A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1142

Unha vez cuberto o formulario web ao que se accede con este botón, lembre ter preparada no seu equipo a documentación específica para ser achegada: formulario específico de solicitude, Anexo 1 (Historial deportivo), Anexo 2 (Proxecto deportivo), DNI/NIF, certificación de empadroamento, documentación acreditativa do arraigamento familiar, certificado resultados deportivos, certificación datos bancarios (só para aqueles solicitantes que non teñan dada de alta a conta no Concello da Coruña) e ccertificados acreditativo de atoparse ao corrente do cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Tributaria estatal, o Concello da Coruña e a Seguridade Social (só en caso de non autorizar a consulta destes datos ao Concello da Coruña), todo iso nos termos establecidos no apartado 9.2 da Convocatoria.

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Seis meses, a partir da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. O período utilizado para a corrección de deficiencias e/ou a presentación de documentos interromperá o citado prazo.

O prazo de presentación de correccións será de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da súa publicación.

A corrección deberá facerse obrigatoriamente de forma telemática, mediante o trámite de Achega de documentación dispoñible nesta sede.

Recursos posibles:

  • Recurso potestativo de reposición
  • Recurso contencioso-administrativo

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Establécese o deber da persoa deportista de remitir un vídeo realizado no lugar de competición (sede do campionato do mundo, de Europa, de España ou autonómico, ou na sede do evento clasificatorio para os Xogos Olímpicos ou Paraolímpicos) e publicalo nas redes sociais cunha ligazón ás redes sociais da Concellería de Deportes do Concello da Coruña.

No suposto de non dispoñer de redes sociais, deberá remitirse o vídeo xunto coa documentación xustificativa prevista na cláusula 17.2 da convocatoria. No devandito vídeo deberase facer mención á competición na que está a participar e que se beneficia dunha bolsa deportiva concedida polo Concello da Coruña.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión