A cargo de Martin Pawley, da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío
Para público en xeral
29/12/2025
Xa rematou
Ás 19.30 horas
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
Entrada libre ata completar a capacidade da sala
Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Con motivo da eclipse de Sol que terá lugar o próximo 12 de agosto de 2026, Martin Pawley fará un repaso por unha pequena colección de películas nas que está presente a ocultación do Sol pola Lúa, con exemplos tan grandiosos como o desafío técnico que supuxo filmar con cámaras de cinema unha eclipse real no clásico Barrabás.
Martin Pawley é crítico e programador de cinema, ademais de coordinador dos grupos de traballo sobre contaminación lumínica e diversidade da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Nesta charla tamén colabora a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

7 de setembro de 2024
Trátase dun programa Erasmus+ que se adentra na relación do cambio climático coa xenética e a saúde
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible