No planetario da Casa das Ciencias o xoves 15 de xuño ás 20.00 h
Para público en xeral
15/06/2023
Xa rematou
20.00 h
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
O planetario da Casa das Ciencias acolle unha charla o vindeiro xoves 15 de xuño ás 20.00 h sobre eclipses totais de Sol, a cargo dos membros da Agrupación Astronómica Ío Óscar Blanco e África Fernández. Entre os dous observaron dezasete eclipses en diferentes países, entre eles Turquía, Estados Unidos, Chile ou Australia. Na charla contarán tanto a dinámica das eclipses totais de Sol como as experiencias e anécdotas que sucederon durante as súas viaxes.
Entrada gratuíta
A entrada é gratuíta e as invitacións repartiranse na Casa das Ciencias o propio xoves 15 a partir das 19.30 ata completar a capacidade.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible