Terá lugar o mércores 4 de xaneiro ás 19.30 h no planetario, a cargo de astrofísica coruñesa Isabel Suárez Fernández
Para público en xeral
04/01/2023
Xa rematou
Ás 19.30 h
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
Gratis
A astrofísica coruñesa Isabel Suárez Fernández falará do tema central da súa tese, os fenómenos críticos en colapso gravitacional, na conferencia «Fenómenos críticos en colapso gravitacional, ondas gravitacionais e folerpas de neve. Que teñen que ver?», que terá lugar no planetario da Casa das Ciencias o vindeiro mércores 4 de xaneiro ás 19.30 h.
Estes fenómenos fascinantes teñen lugar en espazo-tempos extremos, e conéctanse con cousas tan cotiás como poñer unha pota de auga á o lume ou coas folerpas de neve. Na charla explicará conceptos básicos como que son un buraco negro, as ondas gravitacionais, as transicións de fase, os espazos-tempo extremos e todo o necesario para chegar a entender e comprender este tipo de fenomenoloxía tan peculiar e interesante.
Isabel Suárez Fernández estudou o Grao en Física na Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén realizou un máster en Física. Traballou para o IGFAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías) en física de partículas e despois doctourouse en Física Teórica en Lisboa, no Instituto Superior Técnico. A súa especialidade é a relatividade numérica, que aplica no seu posto actual de investigadora posdoutoral na Universidade das Illas Baleares no grupo de ondas gravitacionais, xunto co doutor Sascha Husa e a doutora. Alicia Sintes.
Coa colaboración da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible