Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Museos Científicos Coruñeses

Cando:

5 de agosto de 2018

Choiva de estrelas no Planetario da Casa das Ciencias

Do 6 ao 12 de agosto a sesión en directo das 18.00 horas no Planetario da Casa das Ciencias está dedicada á choiva de estrelas fugaces das Perseidas

A choiva de estrelas fugaces das Perseidas é unha das citas máis importantes do ano para as persoas afeccionadas á astronomía. Este ano a corrente de meteoros alcanza o seu punto álxido a noite do 12 ao 13 de agosto, aínda que pouco despois da medianoite a ausencia de Lúa permitirá apreciar os meteoros máis débiles.

Afortunadamente, como a choiva de estrelas fugaces non é un fenómeno puntual, nos días seguintes poderemos seguir gozando delas. No período de máxima actividade poden chegar a verse máis de cen estrelas fugaces cada hora baixo un ceo escuro e despexado, ademais este ano espérase unha actividade especialmente intensa. A contaminación lumínica fai que nas proximidades das cidades ou en zonas con iluminación forte o número de meteoros visibles diminúa.

Entre o 6 e o 12 de agosto todas as sesións no planetario da Casa das Ciencias incluirán recomendacións para observar as Perseidas. Ademais, a sesión das 18.00 h estará dedicada en exclusiva a este fenómeno astronómico. As entradas para todas as sesións dun mesmo día véndense desde a apertura da Casa das Ciencias ás 10:00 h.

Sen prismáticos

Para gozar das Perseidas non se necesitan instrumentos ópticos, como prismáticos ou telescopios, nin se requiren coñecementos especiais de astronomía, xa que os meteoros poden verse por toda a bóveda celeste. Iso si, todas as traxectorias teñen a súa orixe na constelación de Perseo (de aí o seu nome) que emerxe polo horizonte en dirección nordeste pasada a media noite.

As Perseidas tamén se coñecen como Lágrimas de San Lorenzo, xa que o día 10 de agosto está dedicado no santoral a este diácono de Roma que sufriu martirio asado nunha grella no ano 258. Pero en realidade non son outra cousa que pequenos fragmentos da cola do cometa Swift-Tuttle, que cun tamaño inferior á de grans de arroz, entran na atmosfera a gran velocidade, deixando ao seu paso un rastro luminoso que pode chegar a durar varios segundos. Este cometa achégase á Terra cada 120 anos, renovando a corrente de partículas que o noso planeta atravesa cada ano por estas datas, no seu percorrido arredor do Sol.

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Novidades

Novidades

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?