Será no Planetario da Casa das Ciencias o xoves 16 de outubro ás 19.30 horas
Para público en xeral
16/10/2025
Xa rematou
Ás 19.30 horas
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
Entrada gratuíta ata completar o espazo
Nesta charla, Sara Cazzoli, investigadora do Instituto de Astrofísica de Andalucía-CSIC, falará sobre os resultados da misión Rosetta e sobre a prospectiva de futuras misións como a Solar Orbiter, así como do "zoo" de exoplanetas que se coñecen e dos resultados máis recentes nesa liña de investigación.
Sara Cazzoli é doutora en Astrofísica pola Universidade Autónoma de Madrid. Actualmente é investigadora no IAA-CSIC. A súa liña de investigación é a evolución das galaxias cun enfoque especial nas galaxias activas a través da análise de cubos de datos obtidos coa técnica de espectroscopia de campo integral.
Participa activamente na Unión Astronómica Internacional (grupo de traballo equidade e inclusión), na Sociedade Española de Astronomía (SEA) e na Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT).
Dedícase á divulgación científica e á promoción do papel das mulleres na ciencia desde 2016. O abano das súas actividades inclúe a participación en proxectos audiovisuais (webserie Camiño a congreso), produción de monólogos científicos (semi-finalista de Famelab 2021), realización de charlas e talleres, e a elaboración de artigos en periódicos/revistas (El País, Revista de cultura científica e boletín da SEA). Ten experiencia en técnicas de técnicas teatrais aplicadas á ciencia (dramaturxia, actuación e improvisación). A súa curtametraxe «Movimiento, teatro, SgrA* y acción» obtivo o primeiro premio do CSIC de Divulgación.
O seu último gran proxecto de divulgación foi a coordinación de Espacio 3, un laboratorio de Ciencia, Teatro e Improvisación, con financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).

20 de setembro de 2026
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 14 de novembro no Concello da Coruña

31 de xullo de 2026
Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades

3 de xullo de 2026
Unha mostra colectiva de historietas de cómic que abordan diferentes perspectivas das eclipses.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible