Conferencia de Pepe Chambó, experto en astrofotografía de cometas, no planetario da Casa das Ciencias
Para público en xeral
13/12/2024
Xa rematou
Ás 19.30 horas
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
Entrada libre ata completar a capacidade da sala
Os cometas teñen a particularidade de ser obxectos que, ou ben só se deixan ver unha vez nas nosas vidas ou, se volven, farano en diferentes condicións, polo que cada observación e cada fotografía é única, a diferenza das imaxes doutro tipo de obxectos máis comúns en astrofotografía.
José Joaquín Chambó Bris, máis coñecido como Pepe Chambó, é un referente destacado no campo da observación e a astrofotografía de cometas. As súas impresionantes fotografías foron publicadas en medios de renome como as revistas Astronomía, Sky&Telescope, Astronomy Magazine, Astronomy Now e Sky at Night, entre outras. Ademais, logrou destacar en múltiples ocasións na famosa sección Astronomy Picture of the Day (APOD) e foi finalista en dúas edicións do prestixioso certame Astronomy Photographer of the Year.
A súa dedicación para estudar os cambios morfolóxicos dos cometas permitiulle colaborar estreitamente co Instituto de Astrofísica de Canarias. É ademais o responsable da web Cometografía, un referente en fala hispana para a comunidade profesional e afeccionada á astronomía.
18 de decembro de 2024
Este Nadal a Casa das Ciencias conmemora con esta proxección o quinto aniversario da súa designación
10 de decembro de 2024
Alumnado, profesorado e familias da escola infantil elaboraron os adornos con materiais respectuosos coa natureza
1 de decembro de 2024
Foron capturadas polo equipo do acuario coruñés na ría de entrada da Coruña, nas saídas periódicas que realiza para incorporar novas especies aos tanques do Aquarium.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible