Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de decembro de 2023

«Hazelnuts, en busca del planeta perfecto», novo programa infantil do planetario

Poderase ver dende o venres 22 de decembro ata o domingo 7 de xaneiro ás 17.00 horas. Despois desa data incorporarase á carteleira do Planetario as fins de semana.

A Casa das Ciencias estrea o programa infantil de planetario a toda cúpula "Hazelnuts, en busca del planeta perfecto", pensado para nenas e nenos de 4 a 7 anos. A historia relata como dous esquíos, Nino e Lilli, farían calquera cousa por conseguir abelás (hazelnuts en inglés), e máis aínda por conseguir superabelás, que é o que cren que haberá nos brillantes planetas que poden ver todas as noites, así que se embarcan nunha aventura para intentar alcanzalos. Unha procura chea de diversión e aventuras para goce das e dos visitantes máis pequenos da Casa das Ciencias.

Xunto con Nino e a súa irmá Lilli tamén estará Leo, un bufo cariñoso e paciente, que será a voz da sabedoría nesta historia. Ao longo da película preséntanse varias ideas sobre as condicións de vida noutros planetas do sistema solar, o que levará os esquíos a comprender que poden resultar realmente hostís para os seres humanos, e que a natureza da Terra é fráxil e debemos coidala.

Unha produción de Mediastro Promotion e 3D émotion.

Programación de Nadal

> Do 22 ao 31 de decembro

11.30 h: Polaris (galego, > 7 anos)

13.00 h: La noche es necesaria (castelán, > 10 anos)

17.00 h: Hazelnuts, en busca del planeta perfecto (castelán, de 4 a 7 anos)

18.00 h: Programa especial sobre a Vía Láctea (cast/gal, > 10 anos)

Pechado o luns 25 de decembro

Os domingos 24 e 31 de decembro péchase ás 14.00 h

> Do 2 ao 7 de xaneiro

11.30 h: Polaris (galego, > 7 anos)

13.00 h: Programa especial sobre a Vía Láctea (cast/gale, > 10 anos)

17.00 h: Hazelnuts, en busca do planeta perfecto (castelán, de 4 a 7 anos)

Pechado o sábado 6 de xaneiro

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión