22 de decembro de 2022
Dirixido a maiores de 7 anos, incorpórase á programación do Planetario este Nadal
«Polaris» convida a vivir unha aventura xunto a James, un pingüín turista procedente do Polo sur, e Vladimir, un oso do Polo Norte, que se atopan nos xeos do Océano Ártico. Despois de falar un intre sobre os seus respectivos fogares e facerse amigos, contemplan as estrelas xuntos, preguntándose por que é tan larga a noite nos polos. Como astrónomos novatos tratan de resolver este misterio mediante a observación e o razoamento.
Grazas ao rigor de James e ao enxeño de Vladimir, a súa aventura científica condúcelles a construír un observatorio e unha improvisada nave espacial que os levará ata Marte ou Saturno na procura de respostas.
«Polaris» é unha produción do Planètario de Saint-Étienne, Francia.
Programación do Planetario en Nadal
O 23 e do 26 ao 30 de decembro
24 de decembro
31 de decembro
Do 2 ao 8 de xaneiro
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible