Concello da Coruña

Concello da Coruña

PAD

Prazas de aparcadoiro de discapacitados

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Autorizacións, licencias, concesións e homologacións

Materia:

Urbanismo e infraestruturas, Transporte, Sector público

Vixente:

Si

Solicitude de sinalización de prazas de estacionamento para o uso de persoas titulares de cartóns acreditativos de situación de discapacidade por problemas de mobilidade.

Prazas de aparcadoiro de discapacitados

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas titulares de cartóns acreditativos de situación de discapacidade por problemas de mobilidade.

Requisitos:

Formulario xeral de solicitude debidamente cuberto.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Dirección de Área de Infraestruturas e Mobilidade

Máis información:

Recibida a solicitude envíase a informe da Policía Local para que comprobe a existencia ou non de prazas no lugar solicitado e en caso de existir, realízase seguimento da súa ocupación. No caso de que non existan ou que as que haxa estean ocupadas, autorízase a sinalización dunha nova praza.

Presentación

Prazo de presentación:

Sen prazo.

Documentación necesaria:

Formulario xeral de solicitude

Documentos relacionados

  • mod 001 solicitude xeral (119 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Cubrir o impreso de solicitude

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral.Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital .

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a instalación que solicita, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

TRAMITAR

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Tres meses desde a presentación da solicitude.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despóis?:

Contra a Resolución que se dite, poderanse interpoñer os seguintes recursos:

  • Recurso potestativo de Reposición.
  • Recurso contencioso - administrativo

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión