Terá lugar o venres 1 de decembro ás 19.30 h no planetario da Casa das Ciencias
Para público en xeral
01/12/2023
Xa rematou
19.30 h
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
Entrada libre ata completar a capacidade da sala
O vindeiro venres 1 de decembro ás 19.30 h, a ilustradora Xulia Pisón presentará no planetario da Casa das Ciencias da Coruña o seu novo cómic Microalgas. Máis alá da Terra, terceira e última entrega desta triloxía de divulgación científica. Na presentación falarán tamén os asesores científicos da publicación, o astrofísico e divulgador Borja Tosar e o químico Jose Vilariño, sobre a terraformación de Marte e o potencial das microalgas na conquista do planeta vermello.
Triloxía de divulgación
Microalgas é unha triloxía de cómics que xorde como unha das actividades de divulgación científica do proxecto de investigación europeo Enhance Microalgae. Neste marco publícanse Microalgas. O mundo oculto (Universidade da Coruña, 2017) e Microalgas. O mar de Ardora (Universidade da Coruña, 2020) nos que descubrimos este mundo de microorganismos que nun futuro serán fundamentais na biotecnoloxía, farmacoloxía ou na alimentación. Os protagonistas, Spirulina, Ardora, Nanno, Tom e Wasto, son integrantes de distintas especies de microalgas que viven historias de aventuras e acción para todos os públicos, mentres loitan contra as distintas ameazas para o medioambiente.
Nesta última entrega, Microalgas. Máis alá da Terra, culminarán a súa viaxe en Marte, un planeta que alberga a esperanza para o futuro da vida.

3 de xullo de 2026
Unha mostra colectiva de historietas de cómic que abordan diferentes perspectivas das eclipses.

3 de xullo de 2026
Faleceu tras 20 anos de vida no acuario coruñés

26 de xuño de 2026
A Casa das Ciencias estrea «3CLIPSE», unha experiencia inmersiva para descubrir as eclipses solares de 2026, 2027 e 2028
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible