Concello da Coruña

Concello da Coruña

SAD

Servizo de axuda a domicilio de libre concorrencia (SAD Básico)

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Tramitación electrónica

Tipo:

Prestacións, Axudas, becas e subvencións

Materia:

Sociedade e benestar

Vixente:

Si

Conxunto de atencións domiciliarias con carácter personalizado, polivalente e público, de natureza preventiva e asistencial, orientada ao apoio para a realización de actividades básicas da vida diaria e a socialización

SAD Basico

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Están lexitimadas para solicitar, ben por si mesmas ou por medio de representante, as persoas físicas que para si ou para os seus familiares reúnan os requisitos establecidos na Ordenanza municipal do servizo de axuda a domicilio

Catro grupos, segundo a ordenanza

I. Persoas maiores con dificultades graves na súa autonomía persoal e que presentan dificultades para a realización de determinadas tarefas de carácter persoal ou doméstico.

II. Persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial, que afecte significativamente á súa autonomía persoal, que viven sós ou non poden ser atendidos suficientemente polas súas familias.

III. Familias con especial dificultade de atención a menores debido a carencia de hábitos para un bo funcionamento da vida cotiá, carencia de apoios da familia extensa, ou problemas no desenvolvemento da estrutura e dinámica familiar, dando prioridade a familias con menores de 12 anos.

IV. Outras persoas ou familias que se atopen en situacións non especificamente contempladas nos grupos anteriores pero que sofren unha crise de carácter temporal (persoas convalecentes tras hospitalización, enfermos terminais e que se inclúen na atención domiciliaria sociosanitaria).

Requisitos:

Residir no municipio da Coruña.

Ser recoñecido como persoa dependente e titular dun Programa individual de atención (PIA) no que se recoñeza o dereito ao acceso ao Servizo de Axuda a Domicilio Dependencia.

SAD Básico: Orientado a persoas que non teñen recoñecemento de dependencia a través do Sistema de Autonomía e Atención á Dependencia, ou que con recoñecemento non teñan dereito efectivo segundo o calendario de implantación da Lei de Promoción da Autonomía Persoal e a unidades familiares cuxa problemática principal esté relacionada con aspectos convivenciais e socioeducativos.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Concellaría Delegada de Igualdade, Benestar Social e Participación

Máis información:

É unha prestación de servizos domiciliarios por un/a Auxiliar de Axuda a domicilio. Estableceranse as tarefas no proxecto de intervención unha vez acordadas coa persoa dependente e/ou familia e que se centrarán en atencións de carácter persoal e doméstico encamiñadas a atender a necesidades básicas da vida diaria e incrementar a súa autonomía.

A temporalidade do servizo estará fixada no PIA (Proxecto Individual de Atención) que establecese a Xunta de Galicia en función do Grao de Dependencia recoñecido.

Existen dúas modalidades:

SAD Dependencia: dirixido a persoas con recoñecemento a través do Sistema de Autonomía e Atención á Dependencia de Galicia (S.A.A.D.) cuxo Programa Individual de Atención (PIA) establece a prestación de Axuda a Domicilio.

SAD Dependencia/Respiro: igual modalidade que o anterior pero con menor intensidade horaria (tamén establecida no PIA) xa que está orientado a proporcionar un apoio de respiro á familia e/ou persoa coidadora.

Este Servizo é incompatible coas percepción de prestacións económicas ou Servizos do Sistema Galego de Atención á Dependencia. (Veáse anexo II, Orde Galega do 17 de decembro do 2007 que regula o réxime de compatibilidades e incompatibilidades).

Este Servizo é compatible con calquera prestación ou Servizo do Sistema Galego de Servizos Sociais, a condición de que cumpra os requisitos e réxime de compatibilidades e incompatibilidades establecidos en cada un deles.

Presentación

Prazo de presentación:

Prazo máximo de resolución e notificación: 3 meses desde a presentación da solicitude

Documentación necesaria:

Mod 002 Solicitude de servizos de maiores, dependencia e discapacidade: Solicitude de servizos de maiores, dependencia e discapacidade.

Documentos identificativos: Documento de identificación do solicitante, D.N.I , NIF, pasaporte ou NIE no caso de persoas estranxeiras, de todos os membros da unidade de convivencia computables para os efectos de capacidade económica. Considéranse a estes efectos computables: o solicitante, cónxuxe ou parella de feito , ascendentes ou fillos/as menores de 25 anos ou maiores en situación de discapacidade que dependan economicamente da persoa solicitante. No caso de que o asinante da solicitude sexa representante legal ou gardador de feito, tamén se deberá achegar o seu D.N.I , NIF, pasaporte ou NIE no caso de persoas extranxeiras.

Documentación acreditativa de ingresos: Certificado de pensións (expedido polo INSS ou pola entidade que proceda), prestacións, nómina da persoa solicitante e membros da unidade de convivencia computables.

Documentación acreditativa de ingresos: Fotocopia da declaración da renda ou certificado negativo da mesma expedido pola Axencia Tributaria do último exercicio económico, da persoa solicitante e membros da unidade de convivencia computables a efectos do cálculo da capacidade económica. Poderase substituír pola autorización asinada que consta na solicitude, a favor do Concello da Coruña para realizar as comprobacións oportunas.

Tarxeta sanitaria: Fotocopia da tarxeta sanitaria da persoa solicitante ou no seu caso da mutualidade correspondente.

Informe médico: Informe médico sobre estado de saúde.

Sentenza de incapacitación xudicial: Copia da sentenza de incapacitación xudicial se é o caso.

Resolución do recoñecemento de grao de dependencia: Resolución do recoñecemento de grao de dependencia concedida ou copia de solicitalo.

Certificado de minusvalía: Certificado de minusvalía da persoa solicitante.

Folla de domiciliación bancaria para o pago da taxa: Folla de domiciliación bancaria para o pago da taxa.

Libro de familia: Copia do libro de familia, se o Servizo de Axuda a Domicilio vaise a prestar a menores de idade.

Documentos relacionados

  • Modelo 002 Solicitude de servizos de maiores, dependencia e discapacidade (273 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Documentación a achegar:

Mod 002 Solicitude de servizos de maiores, dependencia e discapacidade: Solicitude de servizos de maiores, dependencia e discapacidade.

Documentos identificativos: Documento de identificación do solicitante, D.N.I , NIF, pasaporte ou NIE no caso de persoas extranxeiras, de todos os membros da unidade de convivencia computables para os efectos de capacidade económica. Considéranse a estes efectos computables: o solicitante, cónxuxe ou parella de feito , ascendentes ou fillos/as menores de 25 anos ou maiores en situación de discapacidade que dependan economicamente da persoa solicitante. No caso de que o asinante da solicitude sexa representante legal ou gardador de feito, tamén se deberá achegar o seu D.N.I , NIF, pasaporte ou NIE no caso de persoas extranxeiras.

Documentación acreditativa de ingresos: Certificado de pensións (expedido polo INSS ou pola entidade que proceda), prestacións, nómina da persoa solicitante e membros da unidade de convivencia computables.

Documentación acreditativa de ingresos: Fotocopia da declaración da renda ou certificado negativo da mesma expedido pola Axencia Tributaria do último exercicio económico, da persoa solicitante e membros da unidade de convivencia computables a efectos do cálculo da capacidade económica. Poderase substituír pola autorización asinada que consta na solicitude, a favor do Concello da Coruña para realizar as comprobacións oportunas.

Tarxeta sanitaria: Fotocopia da tarxeta sanitaria da persoa solicitante ou no seu caso da mutualidade correspondente.

Informe médico: Informe médico sobre estado de saúde.

Sentenza de incapacitación xudicial: Copia da sentenza de incapacitación xudicial se é o caso.

Resolución do recoñecemento de grao de dependencia: Resolución do recoñecemento de grao de dependencia concedida ou copia de solicitalo.

Certificado de minusvalía: Certificado de minusvalía da persoa solicitante.

Folla de domiciliación bancaria para o pago da taxa: Folla de domiciliación bancaria para o pago da taxa.

Libro de familia: Copia do libro de familia, se o Servizo de Axuda a Domicilio vaise a prestar a menores de idade.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Nas localizacións indicadas máis abaixo.

  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do Concello.

  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital .

Unha vez cuberta a solicitude telemática (modelo 002) debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a prestación que solicita, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través da Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitación telemática

Teléfono

Despois

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

Outras versións

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión