16 of july of 2025
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a saída a concurso das obras. Cando se adxudiquen, haberá un prazo de tres meses para executalas
A alcaldesa, Inés Rey, informou hoxe da saída a concurso dos traballos para derrubar os muros das rúas Canceliña e Páramo, un paso clave que abre camiño á próxima creación do parque do Observatorio, unha área verde que forma parte das demandas históricas do barrio da Agra do Orzán.
A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a licitación das obras, que o Concello sufragará cun investimento de máis de 77.000 euros. Desta forma, o Goberno municipal avanza na súa folla de ruta co obxectivo de abrir o parque á cidadanía, despois de que se acadase a concesión dos terreos por parte do Estado no pasado mes de xuño.
Rey explicou que a supresión dos muros "é fundamental para iniciar, posteriormente, as actuacións de adecuación necesarias para que o parque sexa unha realidade".
Unha vez se adxudiquen os traballos de demolición dos valados perimetrais en Canceliña e Páramo, estímase un prazo de execución de tres meses para completar esta intervención.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible