Concello da Coruña

Concello da Coruña

Curso de flora e fauna do litoral

  • Destinatarios:

          Persoal de socorrismo e técnicos de praias
  • Duración:

    60 minutos


Descrición:

Curso para a identificación das especies máis representativas da flora e fauna litoral e das praias. Información sobre a bioloxía de cada especie, e con especial atención a aquelas especies potencialmente perigosas ou con falsas crenzas sobre o seu perigo, distribución ou abundancia: medusas, anemones, fanecas, pequenas quenllas, cetáceos, ourizos de mar... Especial atención tamén ás especies animais de maior frecuencia de aparición feridas, varadas, oreladas ou encalladas, como cetáceos, focas, tartarugas mariñas, alcatraces, álcidos ou gaivotas.

Volver a menú

Que paisaxe queres para a túa praia?

  • Destinatarios:

          Nenos e mocidade
  • Duración:

    60 minutos


Descrición:

Instalación de fondos diferentes sobre os que as persoas interesadas poden facer unha foto nos ocos troquelados, mostrando o seu rostro para a instantánea.
“Onde prefires sacar a foto? Que cara pos á alteración das túas praias?” Sobre estas preguntas roldarán as actividades que realizaremos cos nenos.

Volver a menú

Praia viva, praia morta

  • Destinatarios:

          Público en xeral
  • Duración:

    60 minutos


Descrición:

Móstrase unha dobre exposición: Por unha banda, restos animais, vexetais ou representacións de diferentes especies características dunha praia en bo estado de conservación. Detállanse aspectos significativos para que o público repare nesas consideracións.
Por outro, diferentes residuos ou materiais representativos dunha praia alterada ou en deficiente
estado de conservación.
Mediante pequenos carteis infórmase das diferentes circunstancias de cada especie, e ofrécese información para valorar a importancia da conservación do litoral en xeral e das praias e areais en particular.

Volver a menú

A vida silvestre nas praias

  • Destinatarios:

          Público en xeral
  • Duración:

    60 minutos


Descrición:

Proxección dun audiovisual comentado e quenda de preguntas e coloquio sobre a vida animal e vexetal que vive nas praias.
Charlaremos sobre a biodiversidade destes ecosistemas e abordaremos cuestións moi interesantes e de actualidade relacionadas con estes hábitats.

Volver a menú

Xogo da pesca sustentable

  • Destinatarios:

          Público infantil
  • Duración:

    60 minutos


Descrición:

Nunha piscina inchable varios obxectos flotantes representan diversas especies mariñas afectadas pola sobrepesca ou outras transformacións e agresións aos seus ecosistemas.
Estas pezas, imantadas, poden ser pescadas con cana polos nenos participantes que deben reflexionar e decidir sobre o fin da súa pesca e o obxectivo da sustentabilidade.
A actividade compleméntase cunha mostra de paneis con información sobre as especies e a súa problemática ecolóxica e ambiental.

Volver a menú

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión