Concello da Coruña

Concello da Coruña

Indice CEMCES

Introdución

O 8 de xuño de 2021 inaugurouse o novo Centro Municipal para o Clima e a Enerxía Sustentable Fernando Roade, na planta de produción de biogás do antigo vertedoiro selado de Bens.

Esta instalación, que supuxo un fito na recuperación ambiental da Coruña, iniciou a súa andaina no ano 2003 e, desde aquel momento, leva producidos case 80 millóns de quilowatts hora de enerxía. Aínda que os cálculos máis optimistas falaban dunha produción de gas que non iría máis aló do ano 2015, o certo é que as últimas obras levadas a cabo, tanto no selado do vertedoiro como na propia planta de enerxía, permitiron aproveitar de forma optimizada o último gas residual, o que aínda supuxo o ano pasado 1,2 millóns de quilowatts hora producidos.

Nunha etapa na que nos achegamos á fin da produción de biogás no vertedoiro selado e, con iso, da enerxía producida nas súas instalacións, iníciase un novo camiño para outorgarlle a esa contorna a relevancia que merece e un novo simbolismo dentro da Estratexia Local Contra o Cambio Climático, como proxecto tractor das políticas municipais nesta materia.

Instalación híbrida solar eólica

Para percorrer este camiño leváronse a cabo dúas actuacións de especial relevancia. Por unha banda procedeuse a implantar unha instalación híbrida solar-eólica de 20 kW, que é a primeira dunha serie de instalacións demostrativas de produción de enerxía mediante fontes renovables, coas que se irá substituíndo a actual produción de enerxía eléctrica con biogás renovable por outras que permitan continuar co autoabastecemento do edificio, dando visibilidade así, dunha forma práctica e tanxible, ao proceso de transición enerxética polo que ha transitar o noso concello no futuro inmediato.

Autosonda e Estación Meteorolóxica

Doutra banda, estreitáronse aínda máis os nosos lazos coa Axencia Estatal de Meteoroloxía, implantando alí dous equipamentos para a observación global da atmosfera dentro da rede mundial de observación da atmosfera da Organización Meteorolóxica Mundial. Por unha banda, para a observación do aire en contacto coa superficie terrestre unha estación meteorolóxica automática, que substitúe a que ata a data tiña instalada alí o concello.

En segundo lugar, para a observación do aire en altura (desde a superficie ata uns 25-30 km) a AEMET implantou alí un equipo de sondaxe automática (autosonda) que envía dúas veces ao día un globo de helio cunha sonda con sensores que miden en altura parámetros básicos como temperatura, humidade, presión, e que ao ascender vai rexistrando medidas que transmite en tempo real ao equipo de terra que, á súa vez, determina o vento en altura polo cambio na posición horizontal da sonda.

Estas observacións permítennos ter un coñecemento amplo do estado no que se atopa a atmosfera en cada momento para con iso alimentar os modelos de predición meteorolóxicos. Tamén nos permiten ter un coñecemento dese comportamento medio ao longo dos anos (clima) e con iso ver como evoluciona local ou globalmente, como ocorre co cambio climático.

O concello renovará así o actual convenio coa AEMET para favorecer o intercambio de datos de estacións procedentes das redes de observación meteorolóxica e climatolóxica de ambas as institucións, así como as actuacións coordinadas na planificación da distribución e racionalización destas redes na cidade da Coruña, comprometéndose co fomento das boas prácticas para reducir as emisións no municipio da Coruña e na Estratexia de Loita contra o Cambio Climático.

En definitiva, con esta actuación, estas instalacións de Bens convértense así no Centro Municipal para o Clima e a Enerxía sustentable, un centro de referencia na loita contra o cambio climático desde o local, exemplo de colaboración administrativa e homenaxe a Fernando Roade Rodríguez (1955-2019), persoa baixo cuxa responsabilidade foi executada esta instalación e outros importantes proxectos no campo da sustentabilidade, e que, a partir da data, leva o seu nome.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión