Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Coruña Sostible

A partir da medianoite, empeza a operar o sistema de recollida de lixo. Tres cuartos da frota está composta por vehículos propulsados con gas. Estes camións foron os primeiros da súa categoría en toda Galicia. Son máis eficientes, máis silenciosos e máis ecolóxicos xa que reducen as emisións de CO2.

A recollida estrutúrase en 24 rutas que cobren toda a superficie municipal.

A correcta planificación e xestión das rutas de percorrido permite a recollida dos residuos depositados en todos os colectores. Esta retirada realízase diariamente en horario nocturno, a excepción do 25 de decembro e o 1 de xaneiro.

Se por calquera causa se producise algunha anomalía nesta recollida, a cidadanía temos á nosa disposición o teléfono de colaboración cidadá 010, para dar aviso e poder emendar o defecto.

O importante esforzo realizado na dotación de colectores para todo o Concello veu acompañado dunha modernización do material empregado para a retirada dos lixos. Actualmente, a empresa concesionaria do servizo utiliza 48 camións de recollida, organizados para cubrir o servizo.

Entre estes vehículos poderemos atopar unha gran variedade que permite adaptarse ás diferentes situacións existentes na cidade, como por exemplo camións recolectores compactadores, camións de caixa aberta, camións grúa, camións basculantes ou bicompartimentados.

Dous deles están dedicados exclusivamente a realizar recollidas especiais, do tipo de retirada de mobles e utensilios voluminosos.

Ademais, están en funcionamento cinco camións lavacolectores. Primeiro realízase un lavado manual exterior do colector e a continuación o camión, automatizado, completa a limpeza interior. Desta forma sanéase o colector e evítase a acumulación de cheiros ou restos.

Cada un destes camións realiza media ruta cada día. Os percorridos de limpeza cóbrense nas noites de domingo a xoves. Desta forma cada colector límpase cunha regularidade de aproximadamente 24 días. O servizo refórzase con ocasión de acontecementos especiais ou en zonas onde é necesario con maior frecuencia, como prazas e mercados. Unha cifra significativa: chéganse a realizar case 200.000 lavados ao ano.

En épocas ou días especiais realízase un reforzo na recollida, por exemplo no Nadal ou despois de festivos e domingos. Nestas datas é cando a xente máis colabora nesta recollida de monomaterial.

Tamén nesta fase a participación cidadá é importante, dando aviso de calquera circunstancia ou de colectores saturados, no teléfono de colaboración cidadá 010.

Avisos e eventos

  • Composta Coruña

    Cartel Composta Coruña

    Cando:

    Dende o 02/03/2017 ata o 01/03/2020

    Campaña de compostaxe doméstica

Axenda

Contaminación difusa

Más información

Subscrición ao boletín co2ruña

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA Praza María Pita nº 1 (15001 - A Coruña), coa finalidade de ofrecer á cidadanía información a través do Portal Web do Concello, estando lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos, podendo vostede retirar devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámoslle que ten dereito a solicitar á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidad dos seus datos. Devanditos dereitos poderá exercelos mediante solicitude remitida á seguinte dirección: Rexistro de entrada municipal Praza Mª Pita nº 1, con referénciaa "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir dita solicitude directamente á persoa Delegada de Protección de Datos, cuxa identidade.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

  • Logotipo do Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?