As ECOHORTAS municipais teñen unha clara vocación educativa e integradora, polo que, ademais do seu uso particular, certo número de parcelas reservaranse para a xestión colectiva por parte de centros de ensino, asociacións sen ánimo de lucro e outros colectivos. Así mesmo, en todas as zonas habilitaranse parcelas adaptadas para persoas con mobilidade reducida. As ECOHORTAS están situadas nas zonas de Visma (San Pedro de Visma e parque Adolfo Suárez), Novo Mesoiro, Eirís, Oza e Monte Alto (parque Carlos Casares).

As ECOHORTAS municipais teñen unha clara vocación educativa e integradora, polo que, ademais do seu uso particular, certo número de parcelas reservaranse para a xestión colectiva por parte de centros de ensino, asociacións sen ánimo de lucro e outros colectivos. Así mesmo, en todas as zonas habilitaranse parcelas adaptadas para persoas con mobilidade reducida. As ECOHORTAS están situadas nas zonas deVisma (San Pedro de Visma e parque Adolfo Suárez), Novo Mesoiro, Eirís, Oza e Monte Alto (parque Carlos Casares).

As entidades e persoas adxudicatarias das parcelas deberán cumprir con certas obrigacións de uso de tal modo que se respecte o espazo común onde están situadas e a convivencia entre usuarias e veciños. Descarga aquí as normas de uso das ECOHORTAS municipais e os valores que representan.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible