Concello da Coruña

Concello da Coruña

Pacto dos Alcaldes

Que é?

O Pacto dos Alcaldes é un movemento a nivel europeo no que participan as autoridades locais e rexionais que asumiron o compromiso voluntario de mellorar a eficiencia enerxética, empregar fontes de enerxía renovable nos seus territorios e reducir as emisións de CO2 nos seus respectivos territorios.

Hai que ter en conta que os gobernos locais desempeñan un papel decisivo á hora de atenuar os efectos do cambio climático xa que o 80% do consumo enerxético e as emisións de CO2 están asociadas coa actividade urbana. Os asinantes mesmo se propuxeron superar o obxectivo da Unión Europea de reducir nun 20% as emisións de CO2 antes do 2020.

Enlace:

Web oficial do Pacto dos Alcaldes: http://www.pactodelosalcaldes.eu

Volver a menú

Compromisos

  • Ir máis alá dos obxectivos establecidos pola UE para o 2020, reducindo as emisións de CO2 nos nosos respectivos ámbitos territoriais en polo menos un 20% mediante a aplicación dun Plan de Acción para a Enerxía Sostible. Tanto o compromiso como o Plan de Acción serán ratificados de conformidade cos nosos respectivos procedementos.
  • Elaborar un inventario de emisións de referencia como base para o Plan de Acción para a Enerxía Sostible.
  • Presentar o Plan de Acción para a Enerxía Sostible no prazo dun ano a partir da sinatura oficial do Pacto dos Alcaldes.
  • Adaptar as estruturas do municipio, incluíndo a asignación de suficientes recursos humanos para o desenvolvemento das accións necesarias.
  • Mobilizar a sociedade civil nos nosos respectivos ámbitos territoriais para que participe no desenvolvemento do Plan de Acción, esbozando as políticas e medidas necesarias para a aplicación e o cumprimento dos obxectivos do Plan. O Plan de Acción elaborarase en cada territorio e presentarase á Secretaría do Pacto no prazo dun ano a partir da sinatura do Pacto.
  • Presentar un informe de seguimento polo menos cada dous anos a partir da aprobación do Plan de Acción con fins de avaliación, seguimento e control.
  • Compartir as nosas experiencias e coñecementos técnicos con unidades territoriais.
  • Organizar un “Día da Enerxía” ou “Día do Pacto dos Alcaldes”, en colaboración coa Comisión Europea e outras partes interesadas, co fin de que a cidadanía se beneficie directamente das oportunidades e vantaxes que brinda un uso máis intelixente da enerxía e para informar os medios de comunicación locais sobre o desenvolvemento do plan de acción.
  • Asistir e participar na Conferencia de Alcaldes da UE por unha Europa da Enerxía Sostible que se realizará anualmente.
  • Divulgar a mensaxe do Pacto nos foros apropiados e, en particular, fomentar que outros alcaldes se unan ao Pacto.
  • Aceptar a nosa baixa como membros do Pacto, logo do previo aviso por escrito por parte da secretaría, no caso de que:
    1. non presentemos o Plan de Acción para a Enerxía Sostible no prazo dun ano a partir da firma oficial do Pacto.
    2. non cumpramos co obxectivo global de redución de CO2 establecido no Plan de Acción, debido a unha inexistente ou insuficiente aplicación del.
    3. non presentemos un informe en dous períodos sucesivos.

Volver a menú

A Coruña e o Pacto dos alcaldes

O Concello da Coruña adheriuse en abril do 2012 ao Pacto dos alcaldes co obxectivo de cumprir de forma efectiva a totalidade de compromisos que leva o acto de adhesión.

Volver a menú

Plan de Acción da Enerxía

O concello dispón dunha Estratexia contra o cambio climático que inclúe un Plan de Acción da Enerxía Sostible.

O dito documento foi aprobado pola Xunta de Goberno Local o día 27 de decembro do 2013

Volver a menú

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión