A Coruña City Council

A Coruña City Council

Charla: Eclipses ao longo da Historia: medo, mito e ciencia

Charla a cargo do divulgador científico e docente Juan Nolasco.

A quién va dirigido:

Para público en general

Dates:

21/07/2026

Registration date:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Horario:

De 19.00 h. a 20.30 h.

Address:

Biblioteca Municipal Ágora. Location Gramela 17. 15011 A Coruña

Contacto:

bagora@coruna.gal

Tel.: 981 189 886

O 21 de xullo ás 19.00 h na Biblioteca Municipal Ágora, recibimos a Juan Nolasco do Planetario do Porto - Centro Ciencia Viva (Portugal), para falarmos dos eclipses ao longo da historia.

O eclipse solar do 12 de agosto de 2026 será o fenómeno astronómico máis destacado do ano en toda a Península Ibérica. A partir deste evento, proponse unha viaxe a través da Historia, explorando como os eclipses teñen sido interpretados entre o medo, o mito e a ciencia.

Así mesmo, abordaranse as súas representacións na arte, a literatura e a cultura, invitando ao público a comprender e vivir este fenómeno de forma informada, consciente e segura.

Sobre Juan Nolasco

Juan Nolasco é divulgador científico e docente, vinculado ao Planetario de Oporto - Centro Ciencia Viva, con ampla experiencia en educación espacial e divulgación da astronomía. Ten participado en múltiples iniciativas internacionais relacionadas coa educación científica e colaborado coa Axencia Espacial Europea (ESA), en particular en ESAC (Madrid), en proxectos educativos e de divulgación.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Follow us on

Iniciar sesión