
Porque non é demasiado cedo para descubrir as palabras, o ritmo e as historias. Especial Bebencontro de verán coa colaboración de "Un punto curioso".
Bebés de 0-3 anos
Bebés, Familias
28/08/2026
From o 21/08/2026 to o 28/08/2026
De 11:30 a 12:30 horas
1
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña
981 18 42 98
Encontros de lectura en familia.
O próximo 28 de agosto ás 11.30 h. temos na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano un especial Bebencontro de verán coa colaboración de "Un punto curioso".
Un espazo para que as familias con bebés de 0 a 3 anos descubran o pracer de compartir libros e momentos de lectura cos seus fillos e fillas. Achegaremos ás familias ao mundo dos libros, ofrecendo recursos e ideas para facer da lectura unha experiencia compartida desde os primeiros anos de vida.
Porque ler cos bebés é moito máis ca contar un conto: é mirar, escoitar, falar, cantar, xogar e crear vínculos a través das palabras e das historias. No fogar é onde a lectura atopa o seu espazo, e as familias son os primeiros modelos lectores dos seus fillos e fillas.
Desde as bibliotecas queremos acompañarvos e facilitar que ese espazo estea cheo de libros, historias e momentos para compartir.
También te puede interesar