23 de febrero de 2026
Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza, para os meses de marzo, abril e maio, actividades para familias con crianzas de 0 a 6 anos dentro do Programa Apego.
Na Coruña témoslle Apego á lingua!!
Seguimos coas nosas actividades presenciais no Centro Ágora para familias con nenas e nenos!
Velaquí a programación para os meses de marzo, abril e maio de 2026:
Martes 10 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (60 min)
Inscrición: a partir do venres 6 de marzo, ás 10.00 h
Ao son do enerxético ritmo de Cé Orquestra Pantasma, A voar pretende axudarlles ás nenas e nenos a reivindicaren a confianza necesaria para satisfaceren as súas necesidades de liberdade, movemento e xogo libre, así pois, rapazada... a voar!!
Martes 17 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (30 min)
Inscrición: a partir do venres 13 de marzo, ás 10.00 h
Narración oral e música onde a gran protagonista é unha Carapuchiña Vermella que vive unha aventura diferente. No seu camiño hai 5 lobiños pequerrechiños que caben na súa cesta. Narración de Ángeles Goás e música en directo de Cristina Castro.
Martes 24 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)
Inscrición: a partir do venres 20 de marzo, ás 10.00 h
Pablo Díaz fará unha viaxe a través dos contos coa música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para as/os máis pequenas/os. Para conseguilo, axudarase de instrumentos como frautas, guitarra, harmónica e algún dos seus temas máis populares.
Martes 31 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)
Inscrición: a partir do venres 27 de marzo, ás 10.00 h
Espectáculo para o público infantil pero para desfrutar en familia, para divulgar e relembrar a arte de xogar coas palabras. Relación de ditos populares, retrousos, xogos de man que perduraron xeración tras xeración e que se foron transmitindo de xeito oral.
Luns 6 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)
Inscrición: a partir do venres 3 de abril, ás 10.00 h
Proposta musical que ofrece a posibilidade de lles achegar aos/ás máis cativos/as a cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce e da instrumentación. Un tempo de escoita e outro de experimentación e manipulación de instrumentos de percusión.
Martes 7 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (30 min)
Inscrición: a partir do venres 3 de abril, ás 10.00 h
Sesión participativa para coñecer algúns instrumentos, sons, contos, movementos ou cancións con xesto. As familias achegaranse a distintos estímulos sonoros e aprenderán a cantar distintas cancións nesta experiencia musical compartida coas súas crianzas.
Martes 14 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (60 min)
Inscrición: a partir do venres 10 de abril, ás 10.00 h
Que pasa cando se xunta ilustración e palabra contada? Pois que xorde isto. O ilustrador Mark Taeger e o contador de contos Caxoto executan este man a man escénico cheo de personaxes inesquecibles, creatividade desbordada e moito divertimento.
Martes 21 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (60 min)
Inscrición: a partir do venres 17 de abril, ás 10.00 h
Tecendo coas agullas máxicas dos aloumiños e as primeiras experiencias compartidas medrou Fíos do querer, envoltorio agarimoso para xogar e cantar coas crianzas de colo coa axuda de instrumentos tradicionais que se manipularán.
Martes 28 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)
Inscrición: a partir do venres 24 de abril, ás 10.00 h
Espectáculo de ilusionismo participativo onde se trata de animar as familias e as crianzas a descubrir as marabillas e a maxia da lectura mediante a arte do imposible, unha das ferramentas educativas máis potentes.
Martes 5 de maio, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)
Inscrición: a partir do venres 1 de maio, ás 10.00 h
Espectáculo de narración oral, música en directo e manipulación de monicreques. "Esa é unha lingoreteira", dicían. O que non sabían era que grazas a ela algunhas das historias que vos imos contar chegaron ata hoxe. Achegádevos que imos botar a lingua a pacer!
Martes 12 de maio, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)
Inscrición: a partir do venres 8 de maio, ás 10.00 h
Homenaxe á escritora á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. "É o momento non de cambiar as regras, senón de cambiar o xogo. De mudar o mundo, da xustiza, da igualdade, da liberdade e tamén da felicidade".
Martes 19 de maio, dous pases: 17.00 e 18.30 h (40 min)
Inscrición: a partir do venres 15 de maio, ás 10.00 h
Leo, o León máis curioso da selva, está aprendendo os números. Ten un barco, dúas cereixas, tres coches... un día desordenáronselle todas... pobre Leo! Xa non lembra a orde dos números! Será capaz, coa vosa axuda, de ordenar as súas dez cousas favoritas?
Martes 26 de maio, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)
Inscrición: a partir do venres 22 de maio, ás 10.00 h
Música e baile tradicional mesturado co xogo baseado nas cancións máis coñecidas por todas e todos (O galo, A vaca marela, O verdegaio...). As familias poden traer percusión miúda (axóuxeres, pandeiretas etc.) para amenizar a festa.
Actividades relacionadas
Desde este apartado se puede tener acceso al texto de los convenios urbanísticos firmados por el Ayuntamiento de A Coruña con otras administraciones públicas o entidades particulares
ANUNCIO de Aprobación inicial del "Estudio de detalle en carretera de Visma a Mazaido, 2." Expediente 631/2025/43
ANUNCIO de suspensión cautelar de tramitación de instrumentos de planeamiento y otorgamiento de licencias de parcelación de terrenos y edificación en el ámbito del plan especial de Labañou (Expediente 631/2024/246)
ANUNCIO de aprobación inicial de la modificación puntual del Plan General de Ordenación Municipal en el ámbito del Polígono M22 "Parque del Agra", para la ejecución de la sentencia Núm. 620/2015 (expediente DPE/2025/56).
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible