ANUNCIO de Aprobación inicial da Modificación puntual núm. 4 do Plan Parcial do Sector S-2 San Pedro de Visma. Xullo 2026. Expediente DPE/2025/83
15 de xullo de 2026
A Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o 15.07.2026, acordou aprobar inicialmente o documento denominado "Modificación puntual núm. 4 do Plan Parcial do Sector S-2 San Pedro de Visma. Xullo 2026.", co CSV 2H6W6H4A716M5L1X0PR2, redactado pola Oficina Técnica do Departamento de Plan do Concello da Coruña e asinado dixitalmente polo arquitecto municipal Pablo Vázquez Pita, polo xefe do Servizo de Planificación Urbana e Proxectos Estratéxicos e pola directora da área de Urbanismo.
En cumprimento do disposto no procedemento previsto no artigo 18.1.a) da Lei 1/2019, de 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, por remisión do artigo 83.6.b) da Lei do chan de Galicia, sométese o expediente ao trámite de información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión da provincia, para que calquera persoa poida examinar a modificación puntual e formular as alegacións que procedan.
A documentación estará a disposición no taboleiro de anuncios e edictos da sede electrónica do Concello da Coruña, no epígrafe «Información urbanística», co acceso directo habilitado e directo ao documento técnico obxecto desta aprobación a través do seguinte enderezo electrónica: /urbanismo/gl/informacion-e-normativa/exposicion-publica. Así mesmo, poderá consultarse presencialmente nas dependencias da área de Planificación Estratéxica do Concello da Coruña, situadas no Palacio Municipal de María Pita (praza de María Pita, 1), das 09.00 ás 13.00 horas, de luns a venres, mediante cita previa, que deberá solicitarse no teléfono 981 18 42 00, extensión 10241.
A Coruña, na data da firma electrónica deste documento
O Concelleiro delegado responsable das Áreas de Economía e Planificación Estratéxica.
Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.
ANUNCIO de suspensión cautelar de tramitación de instrumentos de plan e otorgamiento de licenzas de parcelación de terreos e edificación no ámbito do plan especial de Labañou (Expediente 631/2024/246)
ANUNCIO de aprobación inicial do Estudo de Detalle na parcela 5D da rúa Emilio González López, polígono dos Rosales, (expediente 631/2026/26).
ANUNCIO de Aprobación inicial da Modificación puntual núm. 4 do Plan Parcial do Sector S-2 San Pedro de Visma. Xullo 2026. Expediente DPE/2025/83
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible