Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Festival A Galiza coral. Concerto da coral Solfa, de Santiago de Compostela, baixo a dirección de David Lojo Ces

A Asociación Cultural-Musical Solfa fundouse no barrio das Fontiñas de Compostela, no ano 1997.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

03/10/2026

Horario:

19:30 h 

Dirección:

Auditorio del Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Precio:

de balde

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

Contacto:

agra@galizacultura.gal

Centrou o seu traballo na formación musical da mocidade e no goce coa música, sempre co propósito de contribuír a reforzar e revalorizar a nosa cultura e a normalizar o noso idioma.

O froito do traballo destes anos deu vida a unha banda de música, hoxe desaparecida, a unha coral e a un grupo de pandeireteiras.Solfa fai parte do tecido cultural do noso país e acredita na importancia da riqueza cultural que atesoura Galiza.

Conscientes de que o noso futuro como pobo pasa por recoñecérmonos e estimármonos como galegos e galegos. A nosa cultura, música e lingua identifícannos colectivamente e sitúannos no mundo. Por iso, Solfa procura coñecela, usala, divulgala e potenciala.

Con máis de cen pezas, o repertorio desta coral bebe da música tradicional galega e portuguesa. Tamén inclúe textos de poetas galegos e da lusofonía: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Francisco Añón, Cabanillas, Manuel María, Fiz Vergara Vilariño, Fernando Lopes Graça...Ten gravado un CD para difundir e enriquecer a nosa música.

Nesta nova edición do festival A Galiza Coral, Solfa actúa dirixida por David Lojo Ces.Como todas as actividades do programa "Agra no Ágora", este concerto é de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

CONVENIOS URBANÍSTICOS

Desde este apartado se puede tener acceso al texto de los convenios urbanísticos firmados por el  Ayuntamiento de A Coruña con otras administraciones públicas o entidades particulares

Convenios urbanísticos

Documentos en exposición pública

Exposición Pública

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión