8 de maio de 2026
Preto de 80 axentes de viaxes participaron no encontro para actualizarse coas últimas novidades do sector
Máis de 120 profesionais do sector turístico déronse cita este pasado xoves no workshop de CEAV Protour 2026 co obxectivo de crear e manter un contacto directo entre axencias de viaxes e provedores. O evento levouse a cabo nas instalacións do Hotel NH Collection Finisterre e nel o sector tivo a oportunidade de compartir experiencias e inquedanzas polo futuro ademais de descubrir novas propostas.
A xira CEAV Protour cumpriu a súa quinta edición en Galicia e a súa cuarta na cidade herculina, e contou con preto de 80 axentes de viaxes locais e 40 expositores. Algúns dos temas tratados versaron sobre as novidades das compañías aéreas, aseguradoras, navieiras, destinos turísticos e empresas de servizos no sector.
No acto inaugural participou o director da Área de Turismo da Concellaría de Cultura e Turismo da Coruña, Nacho Dopico, quen destacou que "establecer relacións entre axencias, provedores e administracións é un paso importante para seguir medrando e posicionando A Coruña como un dos grandes destinos turísticos de España". Acompañaron a Dopico o presidente da Confederación Española de Agencias de Viajes (CEAV), Carlos Garrido; a presidenta da Asociación Galega de Axencias de Viaxes (AGAVI), Mar Rodríguez, e o vicepresidente da Deputación da Coruña e deputado de Promoción Turística, Artesanía, Comercio e Cadea Agroalimentaria, Xosé Regueira.
O CEAV Protour é un proxecto da CEAV- Confederación Española de Agencias de Viajes en colaboración co Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, MEGA Mundo Estrella Galicia e a asociación AGAVI.

8 de maio de 2026

28 de abril de 2026

22 de abril de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible