Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de marzo de 2024

14 de marzo: Día das matemáticas

Este día tamén se coñece como o 'Día de Pi'

O 14 de marzo conmemórase o Día Mundial das Matemáticas, unha xornada para poñer en alza as ensinanzas e coñecementos matemáticos, así como tamén a figura de todos aqueles que traballan neste campo. A finalidade desta conmemoración é alcanzar unha maior conciencia sobre a importancia desta ciencia no día a día. Ademais, do reforzo do ensino das matemáticas como parte fundamental da educación, para facer fronte a incógnitas que se expoñen noutros campos de estudo como a intelixencia artificial, o cambio climático, a enerxía e o desenvolvemento sostible.

Desde o Servizo Municipal de Educación traballamos esta ciencia a través da Feira matemática , que terá lugar en abril, e do Rebumbio matemático 2023-24 , que xa se está levando a cabo.

Queres saber algunhas curiosidades sobre esta Día?

  • Coñécese este día como o Día de Pi, en conmemoración ao número Pi, cuxo valor é igual a 3,14, pois é unha das constantes matemáticas máis coñecidas.
  • A maioría dos matemáticos máis relevantes da historia dedicábanse a outras disciplinas como a filosofía, a astronomía e a física, como Pitágoras, René Descartes e María Gaetana Agnesi, entre outros.
  • A persoa considerada máis importante na historia das matemáticas é unha muller: Emmy Noether, coñecida polas súas contribucións de fundamental importancia nos campos da física teórica e a álxebra abstracta, revolucionou a teoría de aneis, a teoría de corpos e a de K-álxebras.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión