Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de maio de 2025

A Casa das Ciencias celebra ’40 anos de astronomía’ cunha sesión especial no Planetario

Proxectarase este venres 30, cando tamén se celebrará o acto que conmemora o 40 aniversario do primeiro Museo Científico da cidade

A Casa das Ciencias organiza unha sesión especial de planetario en directo con motivo do 40 aniversario da inauguración do museo, que tivo lugar o 1 de xuño de 1985. Nesta sesión realizarase un breve repaso aos principais fitos astronómicos destes 40 anos, acompañado da proxección do ceo na cúpula do planetario.

"Desde o Goberno de Inés Rey queremos render homenaxe a este museo referente en Galicia con varios actos entre os que se atopa esta proxección especial", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. Para asistir hai que realizar unha reserva de entradas, gratuítas, que poderá facerse desde as 9.00 horas do venres 30 de maio nesta páxina: https://ticketing.coruna.gal/mc2/cc40/

Por outra banda, o Concello celebrará tamén o venres un acto conmemoración para festexar o aniversario, que contará coa participación da alcaldesa, Inés Rey, e no que tomarán parte tamén nenos e nenas que gozarán dunha sesión do planetario así como científicas que ocupan distintos postos e que contarán a súa propia experiencia vital coa Casa das Ciencias. Por outra banda, o vindeiro luns, 2 de xuño, celebrarase en María Pita o acto de nomeamento como Fillo Adoptivo da cidade a Moncho Núñez, grande impulsor dos Museos Científicos Coruñeses.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión