8 de maio de 2026
Entre os finalistas atopábanse os proxectos presentados por Visit València, Caminos Naturales, Royal Caribbean, Agaete, MSC e Barceló Regen
A Coruña recibiu este xoves o galardón a 'Mellor proxecto de sostibilidade turística' nos Premios de los Lectores Viajes National Geographic 2026. A cidade alzouse co primeiro posto despois de que os propios lectores da publicación valoraran a súa aposta pola sostibilidade e responsabilidade ecolóxica. Entre os finalistas a este premio atopábanse os proxectos presentados por Visit València, Caminos Naturales, Royal Caribbean, Agaete, MSC e Barceló Regen.
O xerente do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, Antón Álvarez Olmo, foi o encargado de acudir ao evento para recibir o premio, onde destacou que 'A Coruña leva anos traballando e apostando por un turismo máis sostible e recibir un galardón coma este significa que desde o Concello e o Consorcio se están facendo as cousas ben". Álvarez tamén subliñou a motivación que supón este premio para "para asegurar á cidadanía e ao turista unha urbe cosmopolita, accesible e sostible".
Desde o goberno de Inés Rey leváronse a cabo proxectos de mellora e acondicionamento de parques e xardíns así coma iniciativas para preservar e conservar o medio natural coma na Torre de Hércules e a súa contorna, declarada Espazo Natural de Interes Local grazas á súa rica fauna e flora.
Destaca tamén o proxecto de BiciCoruña. Os seus máis de 50 km de carril bici son un importante atractivo turístico para aquelas persoas que desexan descubrir o patrimonio cultural, arquitectónico e paisaxístico da cidade sen descoidar os seus elementos naturais.
Nesta IV edición dos Premios de los Lectores Viajes National Geographic 2026 houbo un total de 98 nominados que competiron en 14 categorías relacionadas coa gastronomía, sostibilidade ou a hospedaxe. As votacións leváronse a cabo entre o 22 de xaneiro e o 22 de febreiro deste ano.

8 de maio de 2026

28 de abril de 2026

22 de abril de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible