Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de xuño de 2026

O Festival Noroeste Estrella Galicia, o Certame de Habaneras, o Festival Internacional de Folclore ou a Romaría de Santa Margarida completan un programa pensado para todos os públicos

Luz Casal, Mercedes Peón, Ginebras, Israel Fernández, Fillas de Cassandra e The Rapants protagonizan as Festas de María Pita 2026

A alcaldesa, Inés Rey, presentou unha programación “ampla, diversa e de calidade” que converterá A Coruña no gran referente cultural do verán galego

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou este luns a programación das Festas de María Pita 2026, que volverán converter a cidade no "gran escenario cultural e festivo de Galicia" durante os meses de xullo e agosto. Rey estivo acompañada polo autor do cartel, o artista coruñés Correa Corredoira, a artista Mercedes Peón e o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.

No cartel deste ano o artista coruñés Correa Corredoira representa a cidade e os seus elementos máis característicos nunha peza exclusiva. "Un creador cunha traxectoria sólida e unha linguaxe propia, que sitúa a súa obra entre a tradición e a modernidade, e que nos entrega unha peza única, con personalidade e forza, á altura do que representan estas festas", indicou Inés Rey. Por outra banda, a pregoeira destas festas, Lucía Veiga, non puido asistir pero deixou un vídeo sinalando a importancia que ten para ela abrir os festexos da súa cidade. "Máis alá da súa carreira como actriz e humorista, é todo un referente por asumir a responsabilidade de dirixir ao sector audiovisual galego desde o pasado ano", indicou Rey.

"Apostamos por unha programación, ampla, diversa e de calidade, que encherá a cidade de actividade todos os días do mes", sinalou a rexedora. A programación arrincará xa a mediados de xullo co Festival Manicómicos e estenderase ata finais de agosto, combinando música en directo, cultura popular, artes escénicas e propostas familiares en distintos barrios da cidade.

A praza de María Pita volverá ser o gran escenario das festas, coa celebración das Noites de María Pita, que contarán cun cartel variado e con artistas de primeiro nivel. O ciclo abrirase o 1 de agosto con Luz Casal, tras o pregón de Lucía Veiga, e contará tamén coas actuacións de Mercedes Peón (2 de agosto), La Delio Valdez (3 de agosto) e o macroevento Los40 Summer Live (4 de agosto), con artistas como DePol, Enol ou Chema Rivas. Tras o paréntese do Noroeste, o programa musical continuará con Ginebras (9 de agosto), o espectáculo familiar 'O Libro da Selva' (10 de agosto), The Rapants (11 de agosto), a actuación da orquestra Los Satélites coincidindo coa eclipse (12 de agosto) e o concerto de Fillas de Cassandra (13 de agosto). Pechará o ciclo Israel Fernández o 15 de agosto. Ademais, o Teatro Colón acollerá o 9 de agosto o espectáculo "As Time Goes By", homenaxe a Frank Sinatra a cargo de Borja Quiza.

"Incorporamos unha ampla variedade de artistas e xéneros, cunha selección que mantén unha forte identidade e que cumpre coa principal premisa destas festas: que todos os públicos teñan a ocasión de pasalo ben", destacou Inés Rey.

Grandes citas consolidadas do verán coruñés

Xunto ás Noites de María Pita, o programa volve incorporar grandes citas xa consolidadas. O Festival Noroeste Estrella Galicia celebrará unha nova edición do 5 ao 8 de agosto, acompañado do Noroestiño entre o 6 e o 9, reforzando o papel da cidade como referente musical estatal. Entre o 5 e o 9 de agosto terá lugar tamén o Certame de Habaneras, que levará a música coral ao Teatro Colón e á praza de María Pita. Outro dos momentos máis esperados será a Batalla Naval, o 14 de agosto, unha das citas máis multitudinarias das festas.

A Semana Clásica volverá a ser outro dos eixos centrais dos festexos, do 18 ao 23 de agosto na praza de María Pita. As principais formacións musicais da cidade integran o programa, con actuacións pensadas especialmente para esta data e colaboracións especiais. Actuarán Orquestra Gaos (18 de agosto), Orquestra de Cámara Galega (19 de agosto), Xove Orquestra Sinfónica de Galicia (21 de agosto), Orquestra Sinfónica de Galicia (22 de agosto) e Banda Municipal de Música da Coruña (23 de agosto).

O Festival Internacional de Folclore desenvolverase entre o 12 e o 16 de agosto no Campo da Leña e María Pita, mentres que o público familiar poderá gozar do ciclo Cascarillarte, con programación nos barrios do 10 ao 28 de agosto.

O programa complétase cunha ampla oferta musical e cultural, como Lembranza Rock e o Festival de Electrónica Coruñés (14 e 15 de agosto). Na recta final, Santa Margarida volverá ser escenario destacado co festival BeatOut (20 a 22 de agosto), o ciclo As Noites do Parque, con Judeline e Valeria Castro (26 e 27 de agosto), e coa tradicional Romaría de Santa Margarida, do 28 ao 30 de agosto, que porá o broche final ás festas.

A programación complétase coas festas de barrio e múltiples actividades culturais ao longo de todo o mes, consolidando unas festas abertas, participativas e descentralizadas.

 

PROGRAMA DAS FESTAS DE MARÍA PITA 2026

FESTIVAL MANICÓMICOS

16.07.2026 - Paseo das Pontes

  • 12:30 h - Atípico Circo / Circo en familia
  • 18:00 h - Circo Psikario / ¡Qué disparate!
  • 20:00 h - Andrea Ríos Cía. / Morpha
  • 22:00 h - Roi Borrallas / Solo

17.07.2026 - Campo da Leña

  • 12:30 h - Cía. Muu / Crunch 2!
  • 18:00 h - Abraham Arzate / El rompe récords
  • 20:00 h - Koilara Teatro / La llegada
  • 22:00 h - Always Drinking Marching Band / La calle es nuestra

18.07.2026 - Praza Pablo Iglesias

  • 12:30 h - Mina Clown / Deja que salga el sol
  • 18:00 h - Mundo Costrini / The Crazy Mozarts
  • 20:00 h - Paco Panjabi / Profesor de Yoga
  • 22:00 h - Cía. Seon / Infinit

19.07.2026 - Santa Margarida

Exterior Casa das Ciencias

  • 12:30 h - Cía Soa / Coa cabeza nas nubes

Anfiteatro

  • 19:00 h - Gala 25 aniversario

NOITES DE MARÍA PITA

  • 01.08.2026 - Luz Casal
  • 02.08.2026 - Mercedes Peón
  • 03.08.2026 - La Delio Valdez
  • 04.08.2026 - Los40 Summer Live (DePol, Lola Tuduri, Enol, La Beba, Cesar AC, Adexe y Nau, AWI/AWY, Chiara Oliver, Pikete, Daniela Blasco, Chema Rivas)
  • 09.08.2026 - Ginebras
  • 09.08.2026 - As Time Goes By (Borja Quiza, Teatro Colón)
  • 10.08.2026 - O Libro da Selva (infantil)
  • 11.08.2026 - The Rapants
  • 12.08.2026 - Los Satélites
  • 13.08.2026 - Fillas de Cassandra
  • 15.08.2026 - Israel Fernández

FESTIVAL NOROESTE ESTRELLA GALICIA

5 ao 8 de agosto

  • Echo & The Bunnymen, Bongeziwe Mabaldla, Mari Froes, Bala, SES, Catuxa Salom e moitos máis por anunciar.
  • Noroestiño: 6 ao 9 de agosto (Xardíns de Méndez Núñez)

CERTAME DE HABANERAS

05.08.2026 - Teatro Colón

19:30 h Presentación

  • Ludus Tonalis
  • Sporting Club Casino
  • Grupo Entrelas
  • Coral Polifónica El Eco

06.08.2026 - Teatro Colón

19:30 h Presentación

  • Coral La Antigüa
  • Coral Pontis Veteris
  • Coral Sancta María Maris
  • Coral Sagrada Familia

07.08.2026 - Praza de María Pita

19:30 h Presentación

  • Orfeón herculino
  • Coral Lembranzas de Santa Cruz
  • Polifónica coruñesa Canticorum
  • Tuna de veteranos

08.08.2026 - Praza de María Pita

19:30 h Presentación

  • Coral polifónica Ferrolana
  • El acorde secreto
  • Coral Polifónica Follas Novas

09.08.2026 - Campo da Leña

19:30 h Presentación

  • Coral Os Mallos
  • Coral Montealto
  • Corales Monelos y San Diego
  • Coral Feáns

VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO

Do 10 ao 16 de agosto.

BATALLA NAVAL

14.08.2026

FESTIVAL INTERNACIONAL DE FOLCLORE

  • 12.08.2026 - Campo da Leña
  • 13.08.2026 - Campo da Leña
  • 14.08.2026 - Praza de María Pita
  • 15.08.2026 - Campo da Leña
  • 16.08.2026 - Praza de María Pita

CASCARILLARTE

10 ao 28 de agosto

Programación familiar con teatro, maxia, música e contos en distintos barrios

SEMANA CLÁSICA

  • 18.08.2026 - Orquestra Gaos
  • 19.08.2026 - Orquestra de Cámara de Galicia
  • 21.08.2026 - Xoven Orquestra Sinfónica de Galicia
  • 22.08.2026 - Orquestra Sinfónica de Galicia
  • 23.08.2026 - Banda Municipal de Música

ROMARÍA DE SANTA MARGARIDA

28, 29 e 30.08.2026

FESTAS DE BARRIO

  • 14-16.08.2026 - A Gaiteira
  • 18.08.2026 - Festa da Fresa (Eirís)
  • 19-21.08.2026 - Castrillón (inclúe Festival Rock&Roll Star o día 20, con Javier Andreu, de La Frontera, Javier Ojeda, de Danza Invisible e Manuel España, de La Guardia)
  • 21-23.08.2026 - Sagrada Familia
  • 22.08.2026 - Pedralonga

OUTROS FESTIVAIS

  • Lembranza Rock - 14 e 15.08.2026 (Parque Europa)
  • Festival de Electrónica Coruñés - 14 e 15.08.2026 (Santa Margarida)
  • BeatOut - 20, 21 e 22.08.2026 (Santa Margarida)
  • As Noites do Parque - Judeline (26.08.2026) e Valeria Castro (27.08.2026)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión