1 de septiembre de 2025
Hoxe publicáronse as listaxes provisionais da anterior convocatoria e mañá abrirase o prazo de alegacións ata o día 4
O Concello prevé ofertar, ao longo deste mes, un total de 64 prazas dispoñibles nas escolas infantís municipais da Agra do Orzán, Arela (Elviña), Os Cativos (Palavea), Carricanta (O Castrillón) e Os Rosales.
Con esta nova convocatoria, o Goberno de Inés Rey busca facilitarlles ás familias o acceso ás EIM como medida de conciliación. Cómpre lembrar que, desde o pasado mandato, este servizo é gratuíto, unha iniciativa na que A Coruña foi pioneira en Galicia e axuda, desta forma, ás nais e pais con crianzas.
O concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, detallou que, tras o proceso de admisión xeral, abriuse unha primeira convocatoria extraordinaria "na que se cubriron 37 prazas máis entre as diversas escolas da rede". Hoxe publicáronse as listaxes provisionais, polo que haberá un prazo de alegacións aberto entre mañá, 2 de setembro, e o día 4. As listas definitivas notificaranse o luns 8.
Xa nas vindeiras semanas, o Goberno municipal lanzará unha nova convocatoria extraordinaria que contará con máis de 60 prazas para nenas e nenos nados entre os anos 2023 e 2025. A meirande parte delas, na EIM dos Cativos (Palavea). Do lanzamento desta quenda informarase a través das canles oficiais do Concello.
También te puede interesar

8 de diciembre de 2025

6 de diciembre de 2025

27 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible