Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de marzo de 2026

O Concello estende o plan de renovación das hortas ecolóxicas urbanas ao barrio de Novo Mesoiro

Tras adxudicar as melloras nas instalacións municipais de Eirís, o Goberno municipal dá continuidade á súa folla de ruta nas superficies de cultivo próximas á rúa Illas Cíes

O Concello avanza co plan de melloras previsto nas hortas ecolóxicas urbanas, xa en marcha en Eirís e que, nos vindeiros días, arrincará tamén nas superficies existentes no barrio de Novo Mesoiro, aproveitando o parón da actividade derivado das novas adxudicacións de autorizacións de uso:  Ecohortas

Agora, e tras completar os trámites de intervención programados en Eirís, o Goberno de Inés Rey ultima os referentes aos das ecohortas de Novo Mesoiro, situadas preto da rúa Illas Cíes, co obxectivo de dar resposta ás demandas das persoas usuarias.

A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, indicou que os traballos previstos suporán unha reorganización das parcelas para facelas máis asumibles en termos de explotación, laboreo e cultivo. Esta remodelación tamén permitirá incrementar o número de parcelas, que pasarán de 36 a 38 en total.

Ademais, en paralelo ás actuacións sobre as hortas en si, tamén se mellorarán os equipamentos dispoñibles, atendendo así ás achegas das persoas usuarias: ampliarase o tellado da caseta existente e instalaranse novas taquillas no interior da mesma.

Desta forma, o Goberno de Inés Rey dá un paso máis na adaptación e mellora das hortas urbanas municipais, "espazos que non só contribúen á posta en valor da agricultura sostible e a natureza da nosa cidade, senón que tamén teñen un impacto moi positivo nas asociacións do terceiro sector que fan uso delas", tal e como explicou a edil.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión