Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

EidusCoruña

  • Inicio
  • Preguntas frecuentes (FAQ)

Preguntas frecuentes (FAQ)

Interrogantes 1

Nesta sección de Preguntas frecuentes (ou FAQ, as siglas da expresión inglesa Frequently Asked Questions) intentaremos resolver dunha maneira concisa e sinxela aquelas preguntas máis frecuentes que nos poidan presentar as persoas interesadas neste tema.

A medida que recibamos consultas sobre esta web e o seu contido, iremos actualizando esta sección para mellorar a claridade dos conceptos utilizados e para ofrecer respostas claras ás dúbidas máis habituais.

É necesaria unha "estratexia" para a cidade?

O propósito dunha "estratexia de cidade" é transformar a área urbana nun espazo de maior calidade urbana, equilibrado económica e socialmente, inclusivo e integrador, respectando a diversidade, ambientalmente sustentable e cunha marcada igualdade en materia de xénero.

A través do proxecto EidusCoruña, o Concello da Coruña quere executar unha estratexia global de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado (DUSI) cunha visión a longo prazo do modelo de cidade que se quere. Con ela pretende dar resposta dun modo coherente e equilibrado aos problemas da cidade a través de liñas de actuación concretas.

Cando se aprobou a actual estratexia EidusCoruña?

O 12 de decembro de 2016. O proxecto final que se presentou á 2ª convocatoria de estratexias DUSI financiadas polos fondos FEDER aprobouno o Pleno municipal do 12 de decembro de 2016 en sesión ordinaria e por unanimidade, e ratificado previamente por acordo da Xunta de Goberno Local da mesma data , en sesión extraordinaria e urxente. Finalmente, a concesión defintiva dos 15 millóns de € dos fondos FEDER publicouse no BOE do 25 de xullo de 2017.

Que é unha Liña de Actuación?

Son actuacións concretas encamiñadas a resolver os problemas do municipio.

As liñas de actuación (A) abordan a maioría dos asuntos relevantes para a cidade, como son a protección do medio ambiente, a xeración de espazos de alto valor urbano para a cidadanía, o aproveitamento de propiedades públicas en desuso, o turismo, o ciclo integral da auga, a transformación do modelo de mobilidade da cidade cara a un de carácter eco-eficiente, a rehabilitación e eficiencia enerxética en infraestruturas públicas e privadas, a accesibilidade, o emprego, o impulso da economía da cidade e o seu comercio local, o fomento do emprendemento, o reforzo de políticas sociais orientadas a colectivos vulnerables etc.

Que é unha "operación" nunha DUSI?

As "operacións" son actuacións, intervencións ou un conxunto de accións articuladas que, de forma coherente, contribúen á consecución dos obxectivos estratéxicos establecidos para a cidade ou área urbana sobre a que se actúa.

É a plasmación práctica daquelas políticas públicas que desenvolven e permiten implementar un determinado "modelo de cidade" de forma integrada e sustentable.

Que é unha "expresión de interese" nunha DUSI?

Unha "expresión de interese" fai referencia ás actuacións que se realizarán na Coruña dentro do proxecto EidusCoruña e financiadas polos fondos FEDER.

A súa convocatoria aseméllase á formalización dunha convocatoria de subvencións dirixida a aquelas áreas de xestión municipal que dispoñan de capacidade para levalas a cabo e mostren o seu interese para executalas. As Unidades Executoras (UUEE) interesadas teñen a obriga de presentar unha "solicitude de expresión de interese".

Con esta convocatoria iníciase o procedemento de avaliación, selección e aprobación de operacións que conforman a estratexia, baixo os principios xerais de transparencia, concorrencia e non discriminación.

Esas convocatorias están abertas á cidadanía, asociacións, empresas e outras persoas interesadas en xeral?

Non. É unha convocatoria que se abre ás distintas concellerías, áreas ou servizos do propio concello para que presenten as súas propostas de actuación mediante a execución de operacións concretas que cubran os obxectivos na propia estratexia.

Para garantir o principio de transparencia de toda actuación pública con repercusións na vida diaria da cidadanía, a súa convocatoria, solicitude, concesión ou denegación, faise pública a través da web específica de EidusCoruña para o seguimento da súa execución por todas aquelas persoas interesadas.

Que prazos teño para presentar unha solicitude de "Expresión de interese"?

Non hai prazos. Desde que se abre e publica a convocatoria, esta permanece aberta ata a finalización do programa operativo europeo e o seu período de aplicación, neste caso, ata o 31 de decembro de 2023, tendo en conta que calquera operación exposta debe estar totalmente executada e cerrada (mesmo materialmente aboada) antes da dita data.

Que é un DECA?

DECA é o acrónimo de Documento que Establece as Condicións da Axuda.

É un documento no que se establecen as condicións de cada axuda FEDER que recibe un beneficiario para unha determinada operación. É un nome específico para un trámite moi similar a outros xa existentes. Por exemplo:

  • Nas axudas é a resolución de concesión
  • Nos convenios é o propio convenio
  • Nos instrumentos financeiros é o acordo de financiamento

O Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo establece no art 125.3.c que se entregue un DECA ao solicitante por cada operación da que vaia ser beneficiario.

Que é un Plan de implementación?

É unha parte da Estratexia EidusCoruña.

O goberno municipal, co conforme das outras administracións implicadas tanto estatais como europeas, deciden que actuacións quere que cofinancie a Unión Europea a través dos seus Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (máis coñecidos como fondos FEDER) nun 80%. Iso supón, polo tanto, un control de execución e financeiro moi exhaustivo, así como o cumprimento da posta en marcha de determinadas liñas de actuación.

Canto vai gastar o Concello na aplicación desta estratexia?

A estratexia global supón un desembolso total de 52.100.000 € para o período 2017-2023. Esta cantidade divídese en:

  • Plan de implementación, que supoñen 18.750.000 € dos cales Europa financia a través dos seus fondos FEDER un 80% (15 millóns de euros) e o 20% restante asúmeos o concello, é dicir, 3.750.000 €.

  • O resto da Estratexia EidusCoruña asúmea o Concello na súa totalidade e ascende a 33.350.000 €.

O total de gasto executado exclusivamente polo Concello será, polo tanto, de 37.100.000 €.

Que parte financia a Unión Europea? Que importe supón?

A Unión Europea financia o 80% do Plan de implementación da entidade a través dos seus Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional, máis coñecidos como fondos FEDER. No caso do Concello da Coruña esa porcentaxe supón 15 millóns de euros.

  • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?