
Un Plan de acción é un documento guía para implementar unha Axenda Urbana, e require a elaboración dun diagnóstico de situación que identifique e analice os principais retos que formulan as políticas, plans, programas e actuacións con incidencia nos modelos urbanos.
Pero non basta con apuntar os problemas senón que debe formular accións concibidas baixo o prisma dos obxectivos estratéxicos que permitirán unha adecuada reorientación dos plans, programas, políticas e proxectos en marcha ou por desenvolver.
Para máis información, o Grupo de traballo de Axenda Urbana da FEMP elaborou o vídeo "Axenda Urbana: claves para elaborar un Plan de acción local".
O 31 de decembro de 2021 iniciouse a licitación do contrato de servizos de "Asistencia técnica dos servizos de desenvolvemento do proxecto da Axenda Urbana da Coruña (AUAC 2030), do seu Plan estratéxico de acción local (PEAL), o aliñamento da AUAC cos ODS e a análise e o seguimento das distintas convocatorias e programas nacionais e europeos, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU", publicado na Plataforma de Contratación do Sector Público.
Elaboración
Tal e como demostran experiencias anteriores como as Axendas 21 Locais ou as propias estratexias DUSI, cada Plan de acción que se elabore coa finalidade de implementar unha Axenda Urbana debe constituír, total ou parcialmente, unha verdadeira estratexia a medio e longo prazo.
O enfoque integrado que persegue a axenda e as súas distintas dimensións (horizontal, territorial, vertical etc.) e a articulación de accións moi diversas (mobilidade, plan urbanístico, xestión ambiental etc.) fan deste proceso un asunto complexo no que a necesaria articulación de plans, accións e recursos cunha visión estratéxica serán a clave para lograr o desenvolvemento sostible da cidade no seu conxunto.
Os plans de acción débenlles permitir a todos os axentes comprometidos coa Axenda Urbana levar a cabo o seu proceso de implementación, avaliación e seguimento.
Contidos
O esquema debe ser válido para calquera outro contorno urbano. Entendemos que a "transferencia de coñecemento" é un elemento substancial e esencial da presente iniciativa. É por iso que o proceso de reflexión transitou dun "modelo xeral" á súa particularización na Coruña, tal e como o fariamos se o modelo se "importase" doutra parte do territorio de España, da UE ou doutra parte do planeta.
As ideas básicas ou premisas de partida son:
Avaliación
A avaliación é un proceso integral de observación, medida, análise e interpretación encamiñado ao coñecemento dunha intervención pública (norma, programa, plan ou política) que permite alcanzar un xuízo valorativo baseado en evidencias respecto do seu deseño, a súa posta en práctica, os seus resultados e os seus impactos.
Parte da premisa da existencia dun plan anual municipal de actuación no que o orzamento se formula como plan de acción do goberno municipal e se define en clave de desenvolvemento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030.
Os obxectivos fundamentais céntranse en dar conta dos resultados e do desenvolvemento das políticas públicas baixo outra premisa certamente disruptiva: non todos os servizos son de competencia municipal, pero si de interese municipal e por iso están na axenda do goberno municipal. Non son da súa competencia, pero si da súa incumbencia.
Como se elabora?
16 de novembro de 2021
A Opinión A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible