Cerámicas rúa Tinajas (A Coruña)
O enclave prerromano da Península Coruñesa
Un posible enclave portuario con moito por descubrir
Desde os inicios da arqueoloxía urbana na Coruña, quizais mesmo antes, empezaron a aparecer evidencias fragmentarias dunha posible fase de ocupación anterior ao asentamento de Brigantium . Habitualmente, estas mostras correspondíanse con restos de ánforas e de cerámica campaniense, que datan dos ss. II e I a.C., e que adoitaban ser comprendidas como expresións típicas do mundo romano, a pesar do seu carácter temperán.
Nos últimos anos, con todo, todo fai indicar que estas pezas non se corresponden co asentamento romano de Brigantium , que foi fundado no segundo terzo do s. I d.C., senón cunha ocupación anterior, relacionada coa Idade do Hierro e probablemente vinculada ao Castro de Elviña. Neste caso, non se trataría da existencia dun verdadeiro castro, senón dun espazo aberto dedicado á chegada, intercambio e consumo de materiais, do que formarían parte tanto as comunidades de Elviña como os navegantes do sur (probablemente, no seu maior parte, da área de Cádiz).
Este espazo portuario e de consumo estivo en uso durante os s. II e I a.C., aínda que foi abandonado con anterioridade á conquista romana, quizais como consecuencia desta. A súa existencia permite incidir na relevancia das relacións interculturais coa área sur da península, cuxa pegada deixou unha fonda marca en exemplos como o Edificio dos Betilos.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible