Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir
Ídolo fálico

Ídolo fálico (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)

Ídolo fálico

Sexo ou fecundidade

No transcurso das intervencións dirixidas polo arqueólogo José María Luengo Martínez, foron localizados os restos dunha construción mixta, cunha parte rectangular e outra oval e con dous podios corridos no interior da súa cabeceira. Entre ambos os bancos, dispoñíase un espazo libre no que se localizou o chamado "ídolo fálico" de Elviña, en palabras do seu descubridor.

A peza está formada por unha pedra de granito redondeada na parte superior. Na fronte aparecería unha figura que, segundo Luengo, trataríase dun falo personificado: dunha cabeza humana esculpida na parte superior sairía un desproporcionado membro viril. Luengo apunta á posibilidade de que, ao estar situada entre os dous bancos, podería utilizarse colocándose encima del, coa finalidade de propiciar fecundidade, co que o edificio podería tratarse dun templo á fertilidade.

O certo é que sobre a súa funcionalidade existe controversia, chegando incluso algún autor a negar que se trate dun ídolo ou mesmo que se represente un falo. Tampouco existe consenso á hora de atribuír o carácter exclusivamente indíxena da peza, creada xa baixo a presenza de Roma.

No noroeste apareceron pezas representando figuras de tipoloxía semellante. Con todo, o estado actual do coñecemento non permite descifrar o seu significado, aínda que se podería tratar dun símbolo con propiedade apotropaica, é dicir, protectora.

Ídolo fálico

Debuxo de J. Mª. Luengo no que presenta a planta do chamado templo do ídolo fálico e detalle do ídolo (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)

Ídolo fálico

Debuxo de J. Mª. Luengo coa posición do ídolo fálico (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)


  • Ídolo fálico

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xullo - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Museo Arqueolóxico  e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión