Concello da Coruña

Concello da Coruña

Kalathos

Kalathoi e askoi

Kalathoi e askoi

Cádiz e o Levante chegan a Elviña

O Castro de Elviña experimentou un notable desenvolvemento cultural e comercial durante os s. III e I a.C. Hoxe en día, coñecemos non poucas evidencias da interacción co mundo mediterráneo, especialmente coa área do actual Cádiz. As mesmas fontes clásicas insinúan unha estreita conexión entre os navegantes destas zonas e o territorio galaico, proceso do que Elviña formou unha parte relevante.

A pesar de que son moitas as pezas documentadas e non todas puideron ser identificadas ata agora, podemos destacar dúas formas particularmente representativas: os kalathoi (kalathos en singular) e os askoi. A denominación e forma de ambas teñen unha orixe grega, aínda que as producións que coñecemos no castro son un exemplo da difusión e reinterpretación desta forma de facer cerámica ao longo do Mediterráneo.

Os askoi son pezas de pequeno tamaño, cunha (ou varias) bocas vertedoras e un asa, cuxa funcionalidade adoita estar relacionada co consumo de determinados líquidos en espazos habitualmente de carácter relixioso ou simbólico. Os kalathoi son un recipiente de maiores dimensións, de forma cilíndrica e alongada, cuxa parte superior adoita presentar un beizo exvasado que, nos casos ibéricos, adoita parecer un "chapeu de copa" posto do revés. Estas pezas adoitaban empregarse para trasladar obxectos como froitos secos, mel ou conservas.

Ambas as pezas aparecen no Edificio dos Betilos, unha estrutura particularmente representativa do vínculo entre Atlántico e Mediterráneo, e que encarna o estreito vínculo que existe entre ambas as áreas.


Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión