Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ilustración de David Sánchez, CC-BY.

Os agricultores

A base das sociedades do Ferro

A agricultura era unha actividade básica na Idade do Ferro, xa que as sociedades eran agropecuarias e debían procurar o seu propio sustento. Antes da chegada dos romanos, as terras de cultivo traballábanse mediante medios manuais. Coa chegada de Roma introduciríase o arado, permitindo cultivar terras máis pesadas e aumentar o espazo cultivable.

Na agricultura predominaba o cultivo de cereais (trigo, orxo, avea e millo) e leguminosas (fabas e chícharos). É posible que existise unha rotación de cultivos baseada na alternancia entre cereal e leguminosa combinada con períodos de barbeito, na que os animais pastarían e estercarían as terras de cultivo. Segundo Estrabón, os traballos agrícolas realizánase de forma maioritaria por mulleres, sendo de fundamental importancia a recolección de landras, complementada coa recollida de froitos silvestres (e, por suposto, coa gandería). Segundo o propio Estrabón, o gando ovino, caprino e bovino sería maioritario nesta rexión, un feito que se ve subliñado polos achados arqueolóxicos.

Ao comezo da Idade do Ferro o cereal moíase en muíños naviformes (compostos por unha base plana de granito e unha man de muíño), pero ao longo do tempo, o contacto con outras culturas permitiría coñecer o muíño rotatorio, adoptado de forma xeneralizada ao longo de Galicia, e do que existen moitas evidencias no castro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión