Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir
A agricultura

A agricultura

Comida e cervexa no castro

Na agricultura predominaba o cultivo de cereais (trigo, cebada, millo e avea) e leguminosas (xudías e guisantes) e da familia das brassicae (grelos, verzas e coliflores). Segundo Estrabón, os traballos agrícolas eran realizados por mulleres de forma maioritaria, e era de fundamental importancia a recolección de landras e froitos silvestres. Coa cebada facían cervexa.

Os cultivos estaban situados nas partes destacadas do poboado nos castros construídos a media ladeira, ou ben nas inmediatamente inferiores, naqueles situados no cumio do monte. Moitos dos antecastros eran campos ou hortas. Entre outras cousas, coa chegada dos romanos, introdúcese o arado romano e os muíños circulares e con estes avances técnicos, a labranza esténdese polas terras pesadas das chairas e os vales que son fértiles e están ben regados, practicando así unha agricultura extensiva que permite uns cultivos máis intensivos.

A gandería estaba baseada nunha cabana mixta de ovellas, cabras, porcos, vacas e cabalos. O gando vacún empregábase como animal de tiro e para a produción de leite, carne e pel. As ovellas proporcionaban la e o gando cabrío e os porcos abastecían de carne e pel. Os cans xa acompañaban os castrexos.

Tamén apareceron restos de caza como cervos, porcos bravos e xabarís. Outras actividades importantes eran, nos castros de costa, a pesca e o marisqueo. Sabemos polos restos atopados en diversas intervencións arqueolóxicas que pescaban robalo, dourada, muxo, prago, pinto, pescada e xurelo. A maioría son peixes que se arriman aos cantís, polo que poderían ser pescados desde a terra aínda que dispuxesen dalgún medio para navegar, como indican as fontes clásicas. Respecto ao marisqueo, recollían centola, percebe, ostra, ameixa, mexillón, berberecho, lapa, navalla, mincha, ourizo...

Agricultura

Fragmento dun muíño barquiforme do castro de Elviña


Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xullo - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Debido á actual situación sanitaria, as visitas terán unha capacide máxima de 15 persoas e será necesaria RESERVA PREVIA no teléfono do 

Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión