A singularidade de Elviña na súa contorna
A pesar de que o territorio ártabro é unha das zonas de Galicia con maior densidade de castros, o certo é que isto non é representativo da contorna de Elviña. Documéntanse apenas tres xacementos na súa contorna inmediata (Nostián, Santa Cristina e os Castros), e os dous últimos presentan características pouco habituais para un xacemento fortificado.
Isto non implica que non contase con relación directa con outras áreas da contorna: é ben probable que o espazo de recepción e consumo de materiais identificado na Península da Coruña dependese directamente de Elviña. Non existe outro xacemento de igual relevancia na contorna, e a ocupación deste espazo e os materiais recuperados son de idénticas características aos recuperados en Elviña. A pesar de que non coñecemos tanto o resto dos asentamentos mencionados, non sería descartable que, dada a súa localización, Santa Cristina contase cunha finalidade semellante.
Este feito, xunto coas múltiples características do seu urbanismo e configuración interna, remarca unha notable singularidade do xacemento. O seu valor como oppidum puido provocar que exercese unha maior capacidade para atraer poboación, funcionando como lugar do seu territorio inmediato durante a Idade do Ferro.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible