Concello da Coruña

Concello da Coruña

Prato de cerámica engobada romana procedente de Lucus Augusti (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)

Cerámica engobada de Lucus Augusti

O castro, a cidade e o mar

Ao finalizar as Guerras Cántabras, entre os anos 16 e 13 a.C., o emperador Augusto inclúe Asturia e Gallaecia dentro da provincia da Hispania Citerior ou Tarraconense. Nesta época fúndanse as tres cidades romanas do noroeste, Asturica Augusta na actual Astorga, Bracara Augusta en Braga e Lucus Augusti en Lugo.

Na segunda metade o século I d.C., Vespasiano realizará unha división administrativa interna do noroeste, nos chamados conventos xurídicos, incluíndo territorios baixo a influencia de cada unha das capitais. As cidades foron comunicadas por vías principais e, entre estas, os camiños secundarios conectaron enclaves e hábitats de diverso tipo. Unha destas rutas permitiu a conexión marítima con Lugo, a través do porto do enclave romano de Brigantium, co seu flamante faro.

Dentro deste contexto, sitúase o oppidum de Elviña, como punto de paso e de redistribución de persoas e produtos, entre o mar e o interior e viceversa.

Entre as mercadorías que exportaba a cidade romana de Lugo pola península e a través do comercio marítimo, atópase un tipo de vaixela moi resistente e de gran calidade, coñecida como cerámica engobada de Lucus Augusti. Nas escavacións realizadas na cidade, localizáronse arredor de 40 fornos cerámicos, que ilustran a súa capacidade produtiva neste tipo de industria.

A cerámica romana engobada de Lugo caracterízase por deseñar principalmente pratos e fontes. Estas formas permiten unha fácil disposición unhas sobre outras, para o seu transporte, e estarían recubertas dunha capa de engobe ou arxila moi disolta en auga, no seu interior. Esta técnica, á parte de ofrecer maior impermeabilización, permitía que os alimentos non se adherisen ás vaixelas durante a fase de preparación de alimentos.


Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

Debido á actual situación sanitaria, será necesaria RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión