Inscrición fundacional da Torre de Hércules, na que se cita o arquitecto.
A lanterna do Atlántico. O faro de Brigantium.
Foi un arquitecto orixinario de Aeminium, na actualidade Coimbra, que levantou tamén o faro romano da Torre de Hércules para acompañar os barcos que bordeaban o extremo máis occidental do imperio.
A construción do faro foi posiblemente anterior a Traxano, na segunda metade do século I.
Na inscrición fundacional que se conserva figura "consagrado a Marte Augusto Caio Sevio Lupo, arquitecto de Aeminium Lusitano ex voto".
Naqueles tempos A Coruña era coñecida como Brigantium. Séculos máis tarde o historiador galaico-romano Paulo Orosio, no V d.C. (415-417), faría a mención escrita máis antiga que se ten do faro: "Aquí está a cidade galega de Brigantia, que ten un faro elevadísimo e constitúe unha das poucas obras humanas máis dignas de admiración, e elévase orientador da ruta de Bretaña".
A construción de faros nas costas do imperio foi unha prioridade para os romanos, fose con finalidade militar ou civil, do mesmo xeito que outras construcións como pontes, acueductos e vías de comunicación, que poñen de relevo os grandes coñecementos técnicos da enxeñaría romana.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible