Información e recomendacións para participantes nos campamentos deportivos
As actividades desenvolveranse preferentemente ao aire libre, nas inmediacións da Cidade Deportiva Riazor ou do Polideportivo de Novo Mesoiro, sempre que a meteoroloxía acompañe, polo que os/as nenos/as deberán acudir todos os días con:
Cada menor recibirá o primeiro día unha gorra e 2 camisetas oficiais do campamento, coas que deberá acudir todos os días, para o bo desenvolvemento e organización da actividade.
A entrega e recollida de participantes realizarase, coa maior puntualidade en:
Non está permitido o acceso das familias ás instalacións.
Teléfonos de contacto durante o horario do campamento: 981 184 200 / 981 189 800 - Ext. 25030
CONVOCATORIA (EXTRACTO)
Recoméndase consultar as bases na súa totalidade no documento adxunto ao pé de páxina ou na seguinte ligazón:
A continuación, publícase un extracto das bases que rexerán estes campamentos.
PERSOAS BENEFICIARIAS
Poboación infantil e xuvenil nada entre o 01/01/2014 e o 31/12/2020.
Aclárase que as persoas beneficiarias dos campamentos son as e os menores, non os seus titores legais ou custodios.
Terán preferencia para a obtención dunha praza as persoas empadroadas na cidade da Coruña.
PROGRAMA E HORARIO
PROGRAMA TIPO
HORARIO | PROGRAMA TIPO |
08:30-09:00 | Horario de conciliación 1 |
09:00-10:30 | Actividade Deportiva I |
10:30-12:00 | Actividade Deportiva II |
12:00-12:30 | Merenda (deberá ser achegada polo participante) |
12:30-14:00 | Actividade Deportiva III |
14:00 / 14:30 | Horario de conciliación 2 |
Actividades previstas: Durante o desenvolvemento de cada quenda destes campamentos está prevista a realización de actividades deportivas variadas.
HORARIO
As actividades dos campamentos desenvolveranse de luns a venres, excepto festivos, en horario de 09:00 a 14:00 horas.
Poderase solicitar o horario ampliado de conciliación, coas seguintes posibilidades:
O horario ampliado non supón un custo engadido.
LUGAR DE REALIZACIÓN
Os campamentos terán dúas sedes:
Estas sedes utilizaranse como punto de entrega e recollida de participantes.
Tentaranse realizar actividades ao aire libre, para o que se poderán desprazar a outros espazos e instalacións deportivas.
Poderanse programar excursións e actividades noutros puntos de interese da cidade. Haberá autobús para realizar algunha das saídas.
QUENDAS E PRAZAS
Establécense 4 quendas:
Ofértanse un total de 640 prazas, organizadas en 160 prazas por quenda, organizadas da seguinte maneira:
PREZO
En aplicación da disposición 15.10 da ordenanza fiscal nº15 vixente, e tendo en conta o número de sesións, o prezo dos campamentos deportivos municipais será o que se recolle a continuación:
QUENDA | DATAS | Nº SESIÓNS | PREZO/QUENDA |
|---|---|---|---|
1ª Quenda | Do 1 ao 15 de Xullo | 11 | 48,18 € |
2ª Quenda | Do 16 ao 31 de Xullo | 12 | 52,56 € |
3ª Quenda | Do 1 ao 15 de Agosto | 10 | 43,80 € |
4ª Quenda | Do 16 ao 31 de Agosto | 11 | 48,18 € |
O horario ampliado non supón un custo engadido.
Poderán obter unha redución do 50% da taxa relativa aos campamentos aquelas persoas que conten cuns rendementos económicos brutos per cápita, computados anualmente por todos os conceptos e por unidade familiar, que non superen o indicador público de renda de efectos múltiples vixente no momento de efectuar a solicitude.
As persoas que durante o prazo establecido non formalizasen a inscrición do/da menor, entenderase que renuncian á praza obtida e procederase a activar a lista de espera.
CRITERIOS DE PREFERENCIA PARA A ADXUDICACIÓN DE PRAZAS
O número agraciado no sorteo establecerá o corte para partir do cal se adxudicarán as prazas. Para a orde de preferencia terase en conta:
- 1º As persoas empadroadas no concello da Coruña.
- 2º A orde de preferencia da quenda indicada na solicitude (Opción 1 ou Opción 2).
- 3º O número asignado á solicitude en relación ao número obtido no sorteo público.
As persoas admitidas na súa primeira opción de preferencia quedarán automaticamente excluídas para a adxudicación na súa segunda opción, e pasarán ao final da lista de espera.
As persoas que non obtivesen praza neste proceso, pasarán a formar parte da lista de espera.
DATAS A TER EN CONTA
As principais datas a ter en conta son as seguintes:
TRÁMITE | DATAS |
|---|---|
Preinscrición | 4, 5, 6 e 7 de maio de 2026 |
Listaxe provisional de solicitantes | 15 de maio de 2026 |
Corrección de erros | desde a publicación da listaxe provisional e ata o 19 de maio de 2026 a traves do correo electrónico programasdeportivos@coruna.gal |
Listaxe definitiva para o sorteo | 20 de maio de 2026 |
Sorteo (en caso de ser necesario) | 21 de maio de 2026 |
Listaxe de adxudicación de prazas | 1 de xuño de 2026 |
Matrícula das persoas admitidas | Do 2 ao 5 de xuño de 2026 |
Xestión da lista de espera | A partir do 10 de xuño de 2026 |
PREINSCRICIÓNS - ENLACE Ao FORMULARIO
As solicitudes para participar nos campamentos realizaranse, do 4 ao 7 de maio, a través do seguinte formulario:
Non se admitirán preinscricións realizadas por outros medios.
Poderanse solicitar un máximo de 2 opcións, por orde de preferencia.
Cada menor só poderá constar nunha única solicitude (individual ou familiar). No caso de rexistrar, para unha mesma persoa, máis dunha solicitude, só terase en conta a última, anulando todas as feitas con anterioridade.
Solicitude familiar: para colaborar na conciliación das familias, no caso de que desexen optar ao mesma quenda de campamento, deberán cubrir un único formulario de preinscrición (solicitude familiar), coa condición de que todos os menores sexan membros da mesma unidade familiar ou demostren convivencia no mesmo domicilio.
Aclárase que as persoas beneficiarias son as e os menores, por tanto só poderán realizar a solicitude de preinscrición e a matrícula, no seu caso, os/as titores/as legais que teñan a custodia. No caso de custodia compartida, os interasados deberán poñerse de acordo previamente; no caso de non alcanzar acordo, deberán remitirse ao Servizo de mediación de familia da Xunta de Galicia ou organismo competente, que será quen determine que custodio debe formalizar a solicitude e a matrícula.
NON DEIXES PASAR O VERÁN SEN FACER DEPORTE. APÚNTACHE!!
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible