Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convocatoria - Campamentos Deportivos Municipais | Verán 2023

Campamentos Deportivos Municipais Verán 2023

INFORMACIÓN E RECOMENDACIÓNS PARA PARTICIPANTES  E FAMILIAS

Recoméndase que as persoas participantes acudan ao campamento con roupa cómoda e a crema solar botada na casa e leven todos os días unha mochila con auga, merenda para media mañá e gorra.

Ademais, os días de deportes náuticos/piscina: roupa de baño, toalla, muda e para a piscina gorro. (Ver a programación nas ligazóns correspondentes).

Está prevista a realización dunha excursión, á praia de Mera, con baño e xogos na area, para a que deberán levar a comida. A hora de recollida ese día será ás 18:00 h.

ENTRADA E RECOLLIDA NAS INSTALACIÓNS

Non se permite ás familias a entrada ás instalacións. Os puntos de entrega e recollida dos/as menores serán os seguintes:

  • RIAZOR: portalón exterior do Frontón.
  • TORRE: portalón exterior da instalación (salvo os días de choiva, que se poderá realizar a recollida dende a porta do frontón)
  • BARRIO: porta de entrada do pavillón.
  • MESOIRO: porta de entrada do pavillón.

PROGRAMACIÓNS DOS CAMPAMENTOS

Procuraranse realizar as actividades no exterior, pero, no caso de inclemencias, as actividades desenvolveranse dentro das instalacións. 

A continuación, pódense consultar as diferentes programacións dos campamentos:

PROGRAMACIÓN QUENDA 4:

AT_Programación A Torre_4 quenda

BF_Programación Barrio das Flores_4 quenda

NM_Programación Novo Mesoiro_4 quenda

RI_Programación Riazor_4 quenda

PROGRAMACIÓN QUENDA 3:

AT_Programación A Torre_3 quenda

BF_Programación Barrio das Flores_3 quenda

NM_Programación Novo Mesoiro_3 quenda

RI_Programación Riazor_3 quenda

PROGRAMACIÓN QUENDA 2:

AT_Programación A Torre_2 quenda

BF_Programación Barrio das Flores_2 quenda

NM_Programación Novo Mesoiro_2 quenda

RI_Programación Riazor_2 quenda

PROGRAMACIÓN QUENDA 1:

AT_ Programación A Torre 1 quenda

BF_ Programación Barrio das Flores 1 quenda

NM_ Programación Novo Mesoiro 1 quenda

RI_ Programación Riazor 1 quenda

24/07/2023_8º MOVEMENTO DA LISTAXE DE AGARDA 

Unha vez rematado o prazo para a formalización da inscrición das persoas que obtiveron praza no sétimo movemento da listaxe de agarda, faise un 8º movemento. 

Os avisos realizaranse por correo electrónico, recomendamos revisen a bandexa de correo non desexado ou spam.

O campamento (quenda e sede) adxudicado a cada persoa pódese ver ao entrar na Plataforma de pago e inscrición, Cronos Web.

O prazo para formalizar estas inscricións será ata as 23:59 h. do mércores 26 de xullo. Consulten o apartado de Formalización da inscrición para coñecer o procedemento.

19/07/2023_7º MOVEMENTO DA LISTAXE DE AGARDA 

Unha vez rematado o prazo para a formalización da inscrición das persoas que obtiveron praza no sexto movemento da listaxe de agarda, faise un 7º movemento. 

Os avisos realizaranse por correo electrónico, recomendamos revisen a bandexa de correo non desexado ou spam.

O campamento (quenda e sede) adxudicado a cada persoa pódese ver ao entrar na Plataforma de pago e inscrición, Cronos Web.

O prazo para formalizar estas inscricións será ata as 23:59 h. do domingo 23 de xullo. Consulten o apartado de Formalización da inscrición para coñecer o procedemento.

14/07/2023_6º MOVEMENTO DA LISTAXE DE AGARDA 

Unha vez rematado o prazo para a formalización da inscrición das persoas que obtiveron praza no quinto movemento da listaxe de agarda, faise un 6º movemento. 

Os avisos realizaranse por correo electrónico, recomendamos revisen a bandexa de correo non desexado ou spam.

O campamento (quenda e sede) adxudicado a cada persoa pódese ver ao entrar na Plataforma de pago e inscrición, Cronos Web.

O prazo para formalizar estas inscricións será ata as 23:59 h. do martes 18 de xullo. Consulten o apartado de Formalización da inscrición para coñecer o procedemento.

06/07/2023_5º MOVEMENTO DA LISTAXE DE AGARDA 

Unha vez rematado o prazo para a formalización da inscrición das persoas que obtiveron praza no cuarto movemento da listaxe de agarda, faise un 5º movemento. 

Os avisos realizaranse por correo electrónico, recomendamos revisen a bandexa de correo non desexado ou spam.

O campamento (quenda e sede) adxudicado a cada persoa pódese ver ao entrar na Plataforma de pago e inscrición, Cronos Web.

O prazo para formalizar estas inscricións será ata as 23:59 h. do martes 11 de xullo. Consulten o apartado de Formalización da inscrición para coñecer o procedemento.

30/06/2023_4º MOVEMENTO DA LISTAXE DE AGARDA 

Unha vez rematado o prazo para a formalización da inscrición das persoas que obtiveron praza no terceiro movemento da listaxe de agarda, faise un 4º movemento. 

Os avisos realizaranse por correo electrónico, recomendamos revisen a bandexa de correo non desexado ou spam.

O campamento (quenda e sede) adxudicado a cada persoa pódese ver ao entrar na Plataforma de pago e inscrición, Cronos Web.

O prazo para formalizar estas inscricións será ata as 23:59 h. do mércores 5 de xullo. Consulten o apartado de Formalización da inscrición para coñecer o procedemento.

23/06/2023_3º MOVEMENTO DA LISTAXE DE AGARDA 

Unha vez rematado o prazo para a formalización da inscrición das persoas que obtiveron praza no segundo movemento da listaxe de agarda, faise un 3º movemento. 

Os avisos realizaranse por correo electrónico, recomendamos revisen a bandexa de correo non desexado ou spam.

O campamento (quenda e sede) adxudicado a cada persoa pódese ver ao entrar na Plataforma de pago e inscrición, Cronos Web.

O prazo para formalizar estas inscricións será ata as 23:59 h. do luns 26 de xuño. Consulten o apartado de Formalización da inscrición para coñecer o procedemento.

20/06/2023_2º MOVEMENTO DA LISTAXE DE AGARDA 

Unha vez rematado o prazo para a formalización da inscrición das persoas que obtiveron praza no primeiro movemento da listaxe de agarda, faise un 2º movemento. 

Os avisos realizaranse por correo electrónico, recomendamos revisen a bandexa de correo non desexado ou spam.

O campamento (quenda e sede) adxudicado a cada persoa pódese ver ao entrar na Plataforma de pago e inscrición, Cronos Web.

O prazo para formalizar estas inscricións será ata as 23:59 h. do xoves 22 de xuño. Consulten o apartado de Formalización da inscrición para coñecer o procedemento.

14/06/2023_ACTIVACIÓN DA LISTAXE DE AGARDA - 1º movemento

Unha vez rematado o prazo para a formalización da inscrición das persoas que obtiveron praza en primeira instancia, procédese á activación da listaxe de agarda.

Os avisos realizaranse por correo electrónico, recomendamos revisen a bandexa de correo non desexado ou spam.

O prazo para formalizar as inscricións será ata as 23:59 h. do venres 16 de xuño. Consulten o apartado inferior para o procedemento de inscrición-

FORMALIZACIÓN DA INSCRICIÓN NOS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS MUNICIPAIS

As persoas que obtiveron praza nos campamentos deberán formalizar a inscrición e realizar o pago correspondente.

A inscrición e pago (con tarxeta, non con bizum) realizarase en liña, a través dunha ligazón: Acceso a Cronos Web. Recoméndase consultar a Guía acceso a Cronos Web

Documentación a aportar (Os documentos que se acheguen deben ter pouco peso):

  1. Formulario de inscrición asinado (O Código de Persoa NON é necesario cubrilo):  Documento de inscrición_Campamentos Deportivos Verán 2023
  2. Documento escaneado do DNI do/a menor, ou libro de familia*
  3. Documento escaneado do DNI do/a titor/a**

*Pregamos que cubran todos os datos do formulario, incluíndo a autorización de imaxe.

**Xa está arranxado o problema técnico para a subida da documentación do segundo e seguintes fillos.

NOTA: A formalización da matrícula non será efectiva ata que se comprobe que a documentación aportada é correcta.

Opcionalmente, poderá realizarse de forma presencial nos rexistros de Deportes (C.D. Riazor, C.D. Torre, Polideportivo Barrio das Flores), concertando cita previa.

AVISO: O prazo de formalización das inscricións nos campamentos deportivos de verán para aquelas persoas que lles correspondeu praza nesta primeira volta amplíase ata o luns día 12 de xuño, por mor de problemas técnicos na plataforma informática durante a primeira xornada de matriculacións.

06-06-2023_LISTAXES DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS E LISTA DE AGARDA

Publícase a listaxe de adxudicación de prazas e persoas en lista de espera en cada unha das quendas e sedes dos Campamentos Deportivos Municipais Verán 2023.

Listaxe Adxudicación prazas_Campamentos Deportivos verán 2023

01-06-2023_SORTEO PÚBLICO

Unha vez realizado o sorteo público, o día 1 de xuño ás 12.00 h, o número obtido é o 1329, que será o número de corte para establecer a orde de adxudicación de prazas dos campamentos.

A publicación das listas de persoas admitidas e en lista de espera realizarase o día 6 de xuño na web de Deportes ou no 010.

Pode consultar o resultado do sorteo na seguinte ligazón: SORTEO

01-06-2023_LISTAXES SUBSANADAS DE SOLICITANTES E SORTEO 

Tras a finalización do prazo para a corrección de erros, publícanse as listaxes subsanadas de solicitantes dos Campamentos Deportivos Municipais de Verán 2023, coa inclusión do número asignado para o sorteo:

Asimesmo, publícase a listaxe de solicitudes descartadas por estaren duplicadas ou por non cumprir o requisito de idade:

O sorteo para a obtención do número de corte para a asignación das prazas celebrarase hoxe, 1 de xuño, ás 12:00 h.

Pode seguilo en directo a través da seguinte ligazón: SORTEO

29-05-2023_LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITANTES

Publícase a listaxe provisional de solicitantes dos Campamentos Deportivos Municipais de Verán 2023:

Ademais, publícanse as solicitudes descartadas por estaren duplicadas (Punto 8 das Bases da convocatoria)

Alegacións e corrección de erros: establécese un prazo de 2 días naturais, 30 e 31 de maio, para alegacións e corrección de erros, a través do correo electrónico: programasdeportivos@coruna.gal.

O correo electrónico sempre debe envialo o mesmo proxenitor, titor ou titora que fixo a preinscrición e será obrigatorio deixar un teléfono de contacto.

Durante o prazo de emenda de erros non se permitirá o cambio de opcións de campamento nin se aceptarán novas solicitudes. Só se poderán emendar datos persoais consignados no formulario.

QUEN PODE SOLICITALOS​?

Nenos e nenas nados/as entre o 1/01/2010 e o 31/12/2017

Ofértanse prazas para menores con diversidade funcional. Existe a posibilidade de contar con intérprete de lingua de signos.

Terán preferencia para a obtención dunha praza os e as menores empadroados/as na cidade da Coruña cuxos proxenitores/as ou titores/as teñan que traballar durante a quincena na que solicitan os campamentos.

O Servizo Municipal de Deportes poderá requirirlles a documentación acreditativa de que efectivamente teñen que traballar durante a quincena na que solicitan o campamento.

O Servizo Municipal de Deportes realizará de oficio a comprobación do padrón municipal no requisito de empadroamento do/a menor.

No caso de que se produza un engano na declaración responsable que se debe presentar asinada para realizar a inscrición, o/a menor perderá o dereito a obter unha praza nos campamentos deportivos municipais.

ONDE SE VAN REALIZAR​?

Os campamentos terán como sede catro instalacións deportivas municipais:

  • Campamento de Riazor: no Polideportivo Multiusos de Riazor (antigo Frontón)
  • Campamento de Novo Mesoiro: no Polideportivo de Novo Mesoiro
  • Campamento do Barrio das Flores: no Polideportivo do Barrio das Flores
  • Campamento da Torre: no Frontón da Cidade Deportiva de A Torre 

Estas sedes se utilizarán como punto de entrega e recollida dos nenos e das nenas. Intentaranse realizar actividades ao aire libre, para o cal se poderán desprazar a outras instalacións deportivas.

CANTO DURAN​?

Os campamentos deportivos municipais organizaranse por quincenas, desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto, de luns a venres. Non se realizarán campamentos as fins de semana nin os festivos

Poderase escoller entre as seguintes quincenas:

  • 1º turno: Do 1 ao 15 de xullo
  • 2º turno: Do 16 ao 31 de xullo
  • 3º turno: Do 1 ao 15 de agosto
  • 4º turno: Do 16 ao 31 de agosto

CAL É O HORARIO?

As actividades dos campamentos desenvolveranse de luns a venres, excepto festivos, en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Poderá solicitar o horario ampliado, coa posibilidade de entrega dos e das menores ás 08:30 e de recollida ás 14:30 horas (unha ou ambas opcións). O horario ampliado non supón un maior custe para as familias.

CANTAS PRAZAS SE OFERTAN? 

Ofértanse un total de 960 prazas, que supoñerán 240 prazas por quenda, coa seguinte distribución:

  • Campamento de Riazor: 120 prazas.
  • Campamento de Novo Mesoiro: 48 prazas
  • Campamento de Barrio das Flores: 48 prazas
  • Campamento de A Torre: 24 prazas

Esta distribución poderá sufrir variacións en función da demanda e do aforo das instalacións.

CAL É O PREZO DOS CAMPAMENTOS?

O prezo dos campamentos deportivos municipais é de 25 euros por cada quenda e menor.

A solicitude do horario ampliado non supón un maior custe para as familias.

O pago realizarase conxuntamente coa inscrición no campamento de forma telemática a través do enlace que se publicará nesta web ou de forma presencial, nos rexistros de deportes (recomendable pedir cita previa).

As persoas que durante o prazo establecido non teñan formalizada a inscrición do/a menor, entenderase que renuncian á praza obtida e procederase a activar a listaxe de agarda.

DATAS A TER EN CONTA

As principais datas a ter en conta son as seguintes:

  • Preinscrición: os días 22, 23 e 24 de maio de 2023 (Recomendamos revisar o punto 8 das bases para as preinscriciòns de membros da mesma familia). 
  • Publicación da listaxe provisional de solicitudes: publicarase o 29 de maio de 2023.
  • Alegacións: os días 30 e 31 de maio de 2023. 
  • Publicación da listaxe definitiva de solicitantes: 1 de xuño 2023, ao longo da mañá.
  • Sorteo: o 1 de xuño, pola tarde.
  • Publicación das listaxes de persoas admitidas e en lista de agarda: o día 6 de xuño na web de Deportes ou no 010.
  • Formalización da matrícula ou renuncias: 7, 8 e 9 de xuño de 2023, telemáticamente a través do enlace que se publicará nesta web ou presencialmente nos rexistros de deportes.
  • Comezo dos campamentos: O luns 3 de xullo de 2023 comezará a primeira quenda.

PREINSCRICIÓNS

As solicitudes para participar nos campamentos realizaranse, do 22 ao 24 de maio, a través do seguinte formulario:

Solicitude de inscrición nos campamentos deportivos de verán

Poderase solicitar un máximo de 3 opcións, por orde de preferencia. Non se deberá solicitar unha quenda ou sede que non se desexe obter.

No caso de detectar máis de unha preinscrición para unha mesma persoa, aceptarase a última recibida, entendéndoa como corrección da/s anterior/es. As realizadas con anterioridade quedarán desbotadas e non se terán en conta.A dirección de correo consignado na preinscrición será o que se empregue sempre para as comunicacións durante o proceso.

Recomendamos revisar o punto 8 das bases para as preinscriciòns de membros da mesma familia, no caso de que queira solicitar praza para varios fillos e/ou fillas, e sempre e cando se desexe ter garantida praza para todos/as na mesma sede e quenda, deberase facerse o seguinte:

  • Realizar unha inscrición por cada menor pertencente a unha mesma familia, na páxina web e de forma continuada no tempo.
    • Nota: Enténdese que non se incumpre este requisito no caso de que se metera algunha solicitude polo medio como consecuencia de realizar a inscrición online.
  • Realizar todas as inscricións relativas aos/as menores dunha mesma familia (irmáns e irmás) cun mesmo NIF, NIE ou número de Pasaporte correspondente ao pai, nai, titor ou titora.
    • No caso de que se detecte duplicidade de inscricións con distintos datos para un ou varios menores dunha mesma familia, poderase perder o dereito a obter unha praza nun campamento deportivo municipal.

NON DEIXES PASAR O VERÁN SEN FACER DEPORTE. APÚNTATE!!

Enlace á web xeral de Campamentos municipais:  Campamentos de Verán 2023

Documentos relacionados

  • Cartel Campamentos Deportivos Verán 2023 (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión